Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible

Xornada

Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible

6 e 7 de xullo de 2017
Santiago de Compostela
Xornada

Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible

6 e 7 de xullo de 2017 Santiago de Compostela

Os conceptos de Turismo e Patrimonio Cultural e as prácticas que arredor deles se levan a cabo na nosa comunidade sempre viñeron da man. A riqueza do Patrimonio Cultural, que dá sentido e estrutura á paisaxe galega, é unha realidade que nas últimas décadas colleu máis significado identitario, se cabe, ao ser incluídas as nosas manifestacións culturais máis sobranceiras na lista do Patrimonio Mundial. Unha delas, de feito, leva séculos servindo de camiño para as ideas e o contacto intercultural colaborando na conformación paulatina da nova idea de Europa. Estas tendencias nos fan falar e pensar sobre o turismo sostible, o patrimonio cultural material e inmaterial, a socialización cultural dos seus bens, o acceso a este, a difusión e transmisión da cultura patrimonializada.


Porén, a realidade é que o crecemento masivo e expansivo do turismo, positivo nalgúns aspectos, presenta a súa problemática, que ten unha tradución directa na necesidade de reflexionar sobre a incidencia da súa masificación nos bens culturais, sobre a alternativa dun turismo sostible ou sobre como debemos xestionar a relación entre turismo e patrimonio cultural.


Na nosa comunidade, arredor de bens culturais tan senlleiros como a catedral e o conxunto histórico de Santiago ou os Camiños de Santiago, Turismo e Patrimonio Cultural entrecrúzanse, pero non sempre con intereses comúns nin converxentes, onde o valor de cambio vai por riba do valor de uso.


Nestas xornadas pretendemos reflexionar dende a crítica construtiva sobre estes aspectos, sobre como afecta o turismo masivo aos bens culturais e naturais do patrimonio mundial, sobre a xestión dos centros do patrimonio mundial ou sobre as paisaxes culturais como os Camiños de Santiago ou os conxuntos históricos urbanos ou territoriais.


Nun formato aberto e dinámico, trátase de debater sobre tres temas concretos e a súa relación co turismo masivo: centros históricos, patrimonio mundial e paisaxe cultural galega e as súas diferentes categorías legais.

Ficha técnica
Xornada.
Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible
Data
6 e 7 de xullo de 2017
Lugar

COMITÉ CIENTÍFICO
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto
Iago Seara


LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Comité científico
Rebeca Blanco-Rotea
Teresa Nieto Freire
Iago Seara Morales
Coordinación
Carlos Nárdiz Ortiz
Inauguración
Nava Castro Domínguez
María del Carmen Martínez Insua
Ramón Villares
Participante
José Ramón Castiñeiras Sobrido
Manuel Chaín
Jorge Duarte
Ana Goy
José Luis Maestro Castiñeiras
Juan Naveira
Xerardo Pereiro Pérez
José Manuel Rodríguez
Rafael Sánchez Bargiela
Cristina Sánchez-Carretero
Elías Torres
Relator/a
Alexandra Gesta
Marta Lois
David de Salvador Velasco
M. Ángel Troitiño Vinuesa
Organiza
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)