Miradas xornalísticas arredor da cultura galega. Voces de periodistas galegos que exercen no exterior

Xornada

Miradas xornalísticas arredor da cultura galega. Voces de periodistas galegos que exercen no exterior

Martes, 14 de febreiro de 2017
Santiago de Compostela
Xornada

Miradas xornalísticas arredor da cultura galega. Voces de periodistas galegos que exercen no exterior

Martes, 14 de febreiro de 2017 Santiago de Compostela

A cultura galega está no mundo con voz propia. A súa proxección ten cada vez máis nodos de conexión na sociedade rede e as súas manifestacións merecen múltiples visións e interpretacións. Pero unha sociedade enredada, en constante cambio e marcada por grandes transformacións, esixe periódicas reflexións que nos permitan analizar o que facemos e como estamos no mundo, neste caso a partir da ollada de profesionais que viven e traballan lonxe da terra onde naceron.


A xornada ten por obxectivo promover un espazo de encontro para que xornalistas galegos que exercen o seu oficio no exterior acheguen, como mediadores profesionais que son, a súa mirada arredor da cultura galega e das súas principais manifestacións, como a perciben desde fóra e como entenden que a percibe a cidadanía doutras latitudes. A posta en común de olladas con diferente perspectiva pretende contribuír a debuxar un mapa de percepcións sobre a cultura galega na sociedade actual.

Ficha técnica
Xornada.
Miradas xornalísticas arredor da cultura galega. Voces de periodistas galegos que exercen no exterior
Data
Martes, 14 de febreiro de 2017
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Rosa Aneiros
Xosé López García
Xosé Ramón Pousa
Inauguración
Ramón Villares
Presenta
Xosé María Palmeiro
Xosé Manuel Pereiro
María Xosé Porteiro García
Belén Regueira
Relator/a
Gonzalo Cortizo
Pilar Falcón
Manuel Jabois
Miguel Anxo Murado
Ramón Pernas
Carlos G. Reigosa
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: https://creativecommons.org/licenses/by/2.0/legalcode (imaxe recortada)