Seminario - Montserrat Guibernau. Xoves, 1 de decembro de 2016, ás 17:00

Montserrat Guibernau

Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións Seminario

Montserrat Guibernau

Pertenza: Símbolos e Rituais da Nación

Xoves, 1 de decembro de 2016, ás 17:00
Santiago de Compostela
Seminario
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións

Montserrat Guibernau

Pertenza: Símbolos e Rituais da Nación

Xoves, 1 de decembro de 2016, ás 17:00 Santiago de Compostela

Segunda sesión
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracions


MONTSERRAT GUIBERNAU
PERTENZA: SíMBOLOS E RITUAIS DA NACIóN


Montserrat Guibernau 
Vilanova i la Geltrú, 1960. Doutora en Teoría social e política pola Universidade de Cambridge e catedrática de Ciencia política na Universidade Queen Mary de Londres. Foi profesora nas universidades de Barcelona, Cambridge, Warwick e na Open University. A súa investigación centrouse no nacionalismo, a gobernanza nas democracias plurinacionais, a globalización, a cidadanía e a identidade europea.
Participou como relatora convidada nos seguintes congresos: 31st Annual Norris and Margery Bendetson EPIIC Symposium on ‘Europe in Turmoil’ (Tufts University, Boston, USA, 2016); States, Peoples, Languages: A Comparative Political History of Ukrainian, 1863-2013 (CGIS, Harvard University, 2014); Self-Determination in 21st Century. A Double Edged Word? (Liechtenstein Institute on Self-Determination, LISD/WWS, Princeton University, 2014).
É autora de varios libros, entre outros: Belonging: Solidarity and Division in Modern Societies (Polity Press: Cambridge, 2013), The Identity of Nations (Polity Press: Cambridge, 2007) e Nationalisms: The Nation-State and Nationalism in the Twentieth Century (Polity Press, 1996). As súas principais obras foron traducidas ao catalán, chinés, húngaro, coreano, portugués, turco, ucraniano e español.


CICLO: EUROPA FORTALEZA: FRONTEIRAS, VALADOS, EXILIOS, MIGRACIONS


Ante os fluxos migratorios, os países da Unión Europea abriron e pecharon historicamente as súas fronteiras, considerando os emigrantes como un recurso instrumental, mera forza barata de traballo. Sempre nunha perspectiva de mercado e curtopracista, facilitábase o acceso se se precisaba man de obra, multiplicando as trabas no caso de medrar o paro. A figura do Gastarbeiter exemplificaba unha economía política ignorante da elemental condición de seres humanos dos emigrantes, nin que dicir do seu estatuto de cidadáns e cidadás residentes. Unha política de orde pública, de contención, substituíu á necesaria política de inmigración. Con ou sen papeis, o tratamento oscilaba: quer multiculturalismo desinteresado, quer asimilacionismo compulsivo. En todos os casos as acomodacións razoables foron mínimas e os guetos inzaron as aforas das cidades. Agora, constatado o fracaso na integración dos musulmáns nas sociedades de orixe cristiá, disque laicas e secularizadas, a chegada de refuxiados contéstase coa vulneración dos dereitos humanos mais básicos e o incumprimento das obrigas internacionais. Canto máis revé a soberanía, máis agroman os valados e se blindan as fronteiras. Mesmo se suspende unilateralmente o tratado de Schengen. En lugar de comprender e minorar as razóns que motivan o éxodo, concéntranse os esforzos en imposibilitar a entrada, mesmo externalizando o dispositivo en terceiros países. Pero acaso non constitúen os emigrantes e refuxiados dúas manifestacións dun mesmo fenómeno estrutural: a globalización neoliberal e os seus efectos: a depredación de recursos, a explotación internacional do traballo e o cambio climático? As migracións seguirán a producirse por razóns económicas, políticas e bélicas e climáticas. Este ciclo propón reflexionar, da man de recoñecidos/as especialistas, tanto sobre as diferentes dimensións do problema, como sobre as solucións institucionais e de políticas públicas ao desafío no que Europa xoga o seu porvir como sociedade democrática.


A primeira sesión do ciclo tivo lugar o 11 de maio coa participación de Carmen González Enríquez, investigadora principal de Demografía, Poboación e Migracións Internacionais do Real Instituto Elcano, que impartíu a conferencia titulada A resposta da Unión Europea ante a crise migratoria.

Ficha técnica 
Seminario
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións
Montserrat Guibernau
Pertenza: Símbolos e Rituais da Nación
Cando
Xoves, 1 de decembro de 2016, ás 17:00
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR:
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
Montserrat Guibernau
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)