Valle Inclán: xenio e figura (1866-2016)

Exposición

Valle Inclán: xenio e figura (1866-2016)

Pazo de Fonseca, 28 de outubro ao 16 de decembro de 2016
Santiago de Compostela
Exposición

Valle Inclán: xenio e figura (1866-2016)

Pazo de Fonseca, 28 de outubro ao 16 de decembro de 2016 Santiago de Compostela

Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Valle Inclán (1866-1916), a cátedra Valle Inclán da Universidade de Santiago de Compostela organiza un programa de actos que conta co patrocinio da USC, a Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a colaboración da facultade de Filoloxía e o concello de Lugo. 


O programa inclúe un ciclo de conferencias, un proxecto editorial, lecturas dramatizadas e a exposición Valle-Inclán, xenio e figura (1866-1936). A mostra consta de tres seccións, Valle Inclán debuxado, Obra ilustrada e Valle-Inclán traducido, realizadas con fondos bibliográficos e documentais anteriores a 1936, da Unversidade compostelá e do propio grupo de investigación-cátedra Valle Inclán da USC. A primeira pon de relevo o papel renovador de Valle Inclán nas artes do libro cos orixinais deseños das súas obras. a segunda amosa máis de 200 imaxes do escritor dos mellores caricaturistas e debuxantes contemporáneos. 


A terceira sección ofrece a proxección internacional de Valle-Inclán no seu tempo a través das súas obras. Esta parte está elaborada a partir do proxecto expositivo do Consello da Cultura Galega “Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido”.  Esta exposición, que permaneceu aberta no Colexio de Fonseca da USC en 2014, visitou xa Madrid, Roma, Lisboa, Vilanova de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Braga e Bos Aires para dar conta da dimensión internacional do escritor arousano a través das traducións das súas obras a outras linguas.


A inauguración da exposición Valle Inclán: xenio e figura (1866-2016) terá lugar o vindeiro día 28 de outubro ás 19:00 horas e permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de decembro.


 

Ficha técnica
Exposición.
Valle Inclán: xenio e figura (1866-2016)
Data
Pazo de Fonseca, 28 de outubro ao 16 de decembro de 2016
Lugar

LUGAR
Pazo de Fonseca 
Praza de Fonseca, 2
15704 Santiago de Compostela 
Horario: de luns a sábado de 9:00 a 21.00 h

Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)