A Responsabilidade Social Corporativa en galego

Xornada

A Responsabilidade Social Corporativa en galego

Martes, 18 de outubro de 2016
Santiago de Compostela
Xornada

A Responsabilidade Social Corporativa en galego

Martes, 18 de outubro de 2016 Santiago de Compostela

A Responsabilidade Social Corporativa (RSC), como forma de dirixir as empresas baseada na xestión dos impactos que a súa actividade xera sobre todos os seus grupos de interese e a sociedade en xeral, ten cada vez máis importancia nas entidades que teñen como obxectivo prioritario un goberno eficiente. A xestión responsable, como obxectivo compartido para contribuír ao bo funcionamento das sociedades actuais, inclúe tamén un compromiso social, particularmente coa súa cultura e a súa lingua.


No marco do auxe do debate sobre a RSC como instrumento para incorporar á estratexia e xestión das empresas preocupacións sociais, económicas e medioambientais, esta xornada quere analizar non só o panorama xeral, senón como se incorpora no caso de Galicia unha orientación cultural e lingüística que interpreta a RSC como vía de xeración de valor para todos os grupos de interese e para mellor colaborar a un desenvolvemento sostible.


As sesións de traballo, ademais de analizar o papel da edocomunicación e a xestión no ámbito da comunicación e a cultura, centraranse no marco existente, nas experiencias xa desenvolvidas, nas posibilidades que se poden explorar e, en definitiva, nunha reflexión que anime a considerar unha Responsabilidade Social Corporativa dirixida á nosa cultura e á nosa lingua.

A xornada conta coa colaboración da Fundación Galicia Empresa e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Ficha técnica
Xornada.
A Responsabilidade Social Corporativa en galego
Data
Martes, 18 de outubro de 2016
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n 
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Francisco Campos Freire
Xosé López García
Paulino Novo
Participante
María Garrido
Xosé Pereira
José Ramón Pérez Nieto
Fernando Rodríguez Ojea
Presenta
Víctor F. Freixanes
Paulino Novo
Xosé Rúas Araújo
Relator/a
Juanjo Amorín
Xoán Carmona
Tania Fernández Lombao
José Manuel Pérez Tornero
Fernando Ramallo
Pedro Regojo
Jesús Timoteo Álvarez
Colabora
Fundación Galicia Empresa
Fundación Galicia Empresa
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega