Enquisa: Arqueoloxía galega a debate

Xornada

Enquisa: Arqueoloxía galega a debate

Ata o 30 de setembro
Xornada

Enquisa: Arqueoloxía galega a debate

Ata o 30 de setembro

Os días 14 e 15 de xuño realizáronse no Consello da Cultura Galega as xornadas Arqueoloxía galega a debate. Co obxectivo de analizar a situación da arqueoloxía en Galicia e de promover debates abertos entre diferentes colectivos da actividade arqueolóxica galega, foron congregados 23 profesionais do eido da investigación, a docencia, a actividade profesional ou a xestión do patrimonio, ademais do público asistente, artellados arredor de cinco mesas de debate. Foron moitos os temas tratados de forma transversal: a necesidade de establecer liñas de colaboración entre distintos axentes, de buscar consenso na xestión do patrimonio arqueolóxico e de establecer pautas regradas de rexistro, almacenamento e xestión da información arqueolóxica; o insuficiente financiamento; a visión dual sobre a arqueoloxía que ten a sociedade e un longo etcétera. Moitos outros quedaron no aire, apenas se esbozaron. A nosa primeira lectura das xornadas é positiva, no sentido de que se conseguiu xerar un espazo de reflexión aberto á participación de todos aqueles e aquelas que quixeron facelo. Pero, precisamente porque consideramos que aínda hai máis temas que tratar e máis voces que escoitar ou ideas que confrontar, como se adiantou nas xornadas, abriuse esta ENQUISA para recoller o máximo número posible de opinións sobre a arqueoloxía galega. Pedímosche a túa colaboración e animámoste a participar. A enquisa permanecerá aberta ata o 30 de setembro, momento en que se analizarán os resultados para logo poñelos a disposición pública a través da web do Consello da Cultura Galega, xunto cunha reflexión máis profunda sobre as xornadas. Ademais, se non puideches asistir ás xornadas, tes os vídeos dispoñibles na Mediateca da web. ENQUISA

Ficha técnica
Xornada.
Enquisa: Arqueoloxía galega a debate
Data
Ata o 30 de setembro
Lugar

Organiza
Consello da Cultura Galega