Arqueoloxía na cidade

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Arqueoloxía na cidade

Dúas intervencións nos xacementos romanos de Lugo e Vigo

Luns, 27 de xuño de 2016
Santiago de Compostela
Encontro
Encontro Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Arqueoloxía na cidade

Dúas intervencións nos xacementos romanos de Lugo e Vigo

Luns, 27 de xuño de 2016 Santiago de Compostela

Estes tempos, en que as intervencións arqueolóxicas nos conxuntos urbanos son cada vez menos e menos urxentes ao socairo da crise económica, son un bo momento para reflexionar sobre estas intervencións que teñen a súa orixe nunha obra que se pretende desenvolver nun xacemento arqueolóxico urbano e que teñen a finalidade de documentalo e/ou conservalo e protexelo.


Na complexidade, científica e técnica, propia destas intervencións suman a función de liberación do obstáculo arqueolóxico que dificulta ou impide a obra que se lles atribúe, a xestión, control e supervisión polas administracións municipal e autonómica dunha actividade financiada polos promotores e executada polas empresas de arqueoloxía, que se debe compatibilizar coa compoñente de investigación, propia de calquera escavación arqueolóxica.


Como proxecto de investigación, o ámbito predeterminado, a dispersión de investigadores, os condicionantes temporais e económicos, a xestión do coñecemento, memorias, materiais... son, entre outros, aspectos que os diferencian.


A exposición de dous casos coincidentes no tempo e problemática, con resultados diferentes, danos pé a esa reflexión arredor da calidade das intervencións, da efectividade e eficacia da xestión patrimonial neste ámbito, da relación co coñecemento científico e outros.

Ficha técnica
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
Arqueoloxía na cidade
Dúas intervencións nos xacementos romanos de Lugo e Vigo
Data
Luns, 27 de xuño de 2016
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Iago Seara Morales
Relator/a
Roberto Bartolomé Abraira
Xulio Carballo Arceo
Juan Carlos Castro Carrera
Adolfo Fernández Fernández
Enrique González Fernández
Gonzalo Meijide Cameselle
Soledad Prieto Robles
Organiza
Consello da Cultura Galega