Arte + Educación

Xornada

Arte + Educación

Xoves, 30 de xuño de 2016
Santiago de Compostela
Xornada

Arte + Educación

Xoves, 30 de xuño de 2016 Santiago de Compostela

A xornada Arte+Educación asume a continuidade das distintas achegas que desde a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega se veñen desenvolvendo nos últimos anos: Arte+Espazo Público, Arte+Grandes Eventos, Arte+Crise Social, Arte+Narrativa Gráfica, Arte+Pintura ou Arte+Coleccionismo.


Arte+Educación sitúa o foco sobre este binomio vertebral para a estrutura das artes visuais contemporáneas porén desatendido, ou mal atendido, desde o propio sistema.


Arte e Educación? Que estratexias son posibles no eido da creación, educación e mediación artísticas? Que espazo ocupa a educación artística no contexto do sistema arte? Que relacións se establecen entre as artes visuais e outras disciplinas? Que responsabilidades poden ter as institucións nestas relacións?


Participa a educación artística doutros focos interdisciplinares e colaborativos xunto a outras áreas de coñecemento? Que estratexias de integración disciplinar se poden abordar desde a educación artística? Estas tácticas, de que modos se poden inserir na resolución doutras problemáticas?


Arte+Educación ofrecerá achegas analíticas desde distintos campos de actuación: a creación, a educación, a docencia e a mediación artística. Analizando modos, tácticas e responsabilidades, reflexionando sobre o rol das institucións e sobre se estas poderían absorber novos modelos de mediación horizontal e participativa.


No encontro, alén da participación dos relatores e relatoras convidados, cóntase coa colaboración e implicación de profesionais do contexto galego relacionados coa investigación das relacións entre Educación e Arte. Como resultado desta colaboración, configurouse un horizonte conceptual sobre os contextos, as formacións, os colectivos, as institucións e os campos de estudo relacionados coa educación artística. Na resolución formal deste proxecto colaborativo, nesa configuración dun posible mapeo conceptual, convídase aos participantes e asistentes da xornada. 

Ficha técnica
Xornada.
Arte + Educación
Data
Xoves, 30 de xuño de 2016
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Natalia Poncela
Inauguración
María Luisa Sobrino Manzanares
Modera
Natalia Poncela
Participante
Silvia García Mirón
Juan Fernando de Laiglesia
Federico López Silvestre
Xabier Lorenzo
Cristina Trigo
Relator/a
Andrea de Pascual
Javier Rodrigo
Teresa Torres de Eça
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)