Patrimonio e Comunicación. Novos paradigmas

Xornada.

Patrimonio e Comunicación. Novos paradigmas

28 e 29 de abril de 2016
Santiago de Compostela
Xornada

Patrimonio e Comunicación. Novos paradigmas

28 e 29 de abril de 2016 Santiago de Compostela

O Patrimonio Cultural de Galicia responde a un conglomerado imaxinario que identifica non só a nosa comunidade galega, senón tamén os seus cidadáns e cidadás. Dentro dese concepto, comunicar sobre os ricos procesos de patrimonialización cultural e identitaria que se dan arredor dos bens culturais expresa, en si mesmo, o compromiso co legado e cos requirimentos constitucionais e autonómicos de garantir o acceso cultural da cidadanía aos bens que forman parte da súa cultura e á obriga de conservalos e transmitilos.


O dominio público cultural do Patrimonio é a cerna do seu gozo e dos seus usos culturais e/ou investigadores.


Comunicar-patrimonio é un novo paradigma que acompaña e motiva a xeración deses novos procesos de patrimonialización que vivimos na última década. Estes, por si mesmos, convértense en valores engadidos, materiais e inmateriais dos bens do Patrimonio cultural. Estas xornadas pretenden analizar ese novo paradigma en relación con diferentes aspectos que están moi relacionados co patrimonio e coa cidadanía: a sociedade, as industrias culturais, o conflito e as novas tecnoloxías. 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ás xornadas.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

Ficha técnica 
Xornada.
Patrimonio e Comunicación. Novos paradigmas
Cando
28 e 29 de abril de 2016
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Participante
María del Mar Bóveda López
Guadalupe Jiménez Esquinas
Alejandro Lamas
Andrea López Lozano
Beli Martínez
Manuel Ángel Pombal Diego
Javier Romero
Carmela Sánchez Arines
Presenta
Rebeca Blanco-Rotea
Manuel Gago
Xosé López García
Iago Seara Morales
Relator/a
Felipe Criado Boado
Manuel Gago
Antonio Martín Pradas
Juan Carlos Miguel de Bustos
Araceli Pereda
Beatriz Sanjuán Ballano
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Comunicación (CCG)