Cultura e comunicación na sociedade en rede. Oportunidades e ameazas

Xornada

Cultura e comunicación na sociedade en rede. Oportunidades e ameazas

Martes, 26 de abril de 2016
Santiago de Compostela
Xornada

Cultura e comunicación na sociedade en rede. Oportunidades e ameazas

Martes, 26 de abril de 2016 Santiago de Compostela

O nexo Cultura-Comunicación é relacional e dinámico. A Comunicación, como base de toda interacción social, encerra un dos principios básicos da sociedade. Tanto a sociedade como a cultura aliméntanse da comunicación. E grazas á interacción comunicativa entre as persoas emerxe a cultura como principio nuclear da experiencia humana.


A sociedade en rede situou as relacións entre Cultura e Comunicación nun escenario de integración que esixe un enfoque unitario á hora de deseñar calquera iniciativa. Neste novo contexto, hai oportunidades para que todos os actores sociais interveñan con novas ferramentas nos procesos de interacción comunicativa. Pero tamén hai riscos e ameazas derivadas das brechas sociais e dixitais, da alfabetización dixital e das estratexias empregadas.


Nesta xornada trátase de reflexionar arredor da relación entre Cultura e Comunicación na sociedade en rede. Para iso analizaranse algunhas experiencias postas en marcha nestes anos da era dixital, cunha análise dos resultados acadados, ao tempo que se debaterán posibles estratexias para que os proxectos culturais sexan viables e sostibles no novo escenario. 

Ficha técnica
Xornada.
Cultura e comunicación na sociedade en rede. Oportunidades e ameazas
Data
Martes, 26 de abril de 2016
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Francisco Campos Freire
Manuel Gago
Xosé López García
Relator/a
Miguel de Aguilera
María Jesús Casals
Jaume Guillamet
Javier Marzal
Miquel de Moragas
Emili Prado
Ramón Reig
Organiza
Consello da Cultura Galega