Luis Moreno

Ciclo. O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

Luis Moreno

Individualismo posesivo e Europa asocial

Xoves, 3 de marzo de 2016 ás 17:00
Santiago de Compostela
Ciclo
O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

Luis Moreno

Individualismo posesivo e Europa asocial

Xoves, 3 de marzo de 2016 ás 17:00 Santiago de Compostela

Luis Moreno Fernández, profesor de investigación do Instituto de Políticas e Bens Públicos do CSIC, participará nunha nova sesión do ciclo Os Sentidos das Culturas que terá lugar o xoves, 3 de marzo de 2016, ás 17:00 horas baixo o título “Individualismo posesivo e Europa asocial”.


Luis Moreno Fernández é doutor en Ciencias Sociais pola Universidade de Edimburgo. Foi membro fundador do Instituto de Estudios Sociales Avanzados, precursor da Unidade de Políticas Comparadas e do actual Instituto de Políticas y Bienes Públicos. Honorary Fellow da Universidade de Edimburgo, foi docente e investigador en diversas universidades europeas e norteamericanas, e Jean Monnet Senior Fellow no Instituto Universitario Europeo de Florencia.


Como sociólogo político concentrou as súas investigacións desde una perspectiva comparada en dous grandes campos de estudo: (a) as transformacións da política social e o Estado do Benestar; e (b) a dimensión territorial do poder e a política. Os seus traballos científicos incidiron nos ámbitos das institucións e políticas sociais, a cidadanía, a descentralización, a Europeización, o federalismo, a gobernanza multinivel, as identidades colectivas, o Modelo Social Europeo e os nacionalismos.


É autor de máis de vinte libros e de cen artigos e capítulos científicos. Entre as súas últimas publicacións cabe destacar: Diversity and Unity in Federal Countries (con C. Colino; Montreal & Kingston/Londres/Ithaca: McGill-Queen’s University Press); Reformas de las Políticas del Bienestar en España (Madrid: Siglo XXI, 2009); Nacionalismo y Democracia. Dicotomías, Complementariedades y Oposiciones (con A. Lecours; Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2009). Director da colección de libros Politeya (CSIC), codirector da Revista Internacional de Sociología e membro de comités editoriais das revistas, Revista Internacional de Organizaciones, Nationalism and Ethnic Politics, Revista Ser Social. É tamén membro dos comités científicos e asesores de Revista Española del Tercer Sector e Revista Española de Sociología.


Impulsou a Red Española de Política Social (REPS) que está integrada na Red Europea para el Análisis de la Política Social (ESPAnet).

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Documento
Publicación
sentido(s) da(s) cultura(s)¬O(s)
O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)
Ramón Máiz Suárez, Compilación. | 2012
Ficha técnica 
Ciclo.
O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
Luis Moreno
Individualismo posesivo e Europa asocial
Cando
Xoves, 3 de marzo de 2016 ás 17:00
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
Luis Moreno
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)