O populismo hoxe, Europa e América Latina

Ciclo.

O populismo hoxe, Europa e América Latina

28 de outubro, 6, 10 e 11 de novembro de 2015
Santiago de Compostela
Ciclo

O populismo hoxe, Europa e América Latina

28 de outubro, 6, 10 e 11 de novembro de 2015 Santiago de Compostela

O camaleónico termo populismo foi obxecto dende hai tempo de innumerables usos e abusos. Así, foi aplicado a políticos tan diferentes como Fujimori, Hugo Chávez, Sarah Palin ou Pablo Iglesias, ou a partidos como o Vlaams Belang, o Partido Justicialista, o Front National, o MAS ou o Die Republikaner. Comparten todos eles a ideoloxía de que a sociedade está esgazada entre dous grupos homoxéneos e antagonistas: «o pobo», «a gran maioría», «a xente», por unha banda; a elite, o «stablishment», a «casta», por outra? É o populismo soamente un discurso, ou ademais, enxerga un tipo de mobilización, un determinado formato organizativo, unha estratexia específica, un modelo carismático de liderado? Cal é a relación entre o populismo e o nacionalismo, a democracia, a xenofobia, o autoritarismo ou o tradicionalismo? É o populismo unha ideoloxía da dereita radical ou pode haber un populismo de esquerdas? Todas estas preguntas agroman de vez co novo rexurdir dos populismos en Europa e América. A aclarar estas cuestións vai dirixido este ciclo monográfico incluído dentro do seminario Os Sentidos das Culturas, coordinado por Ramón Máiz no Consello da Cultura Galega. Nel participarán, co formato habitual de conferencia seguida de debate, algúns dos especialistas máis reputados na materia. 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta no sitio web www.consellodacultura.gal
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao ciclo.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Ciclo.
O populismo hoxe, Europa e América Latina
Cando
28 de outubro, 6, 10 e 11 de novembro de 2015
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
José Álvarez Junco
Iván Llamazares
Francisco Panizza
Carlos de la Torre
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)