Os instrumentos tradicionais baixo a perspectiva dos artesáns

Xornada.

Os instrumentos tradicionais baixo a perspectiva dos artesáns

Venres, 13 de novembro de 2015
Santiago de Compostela
Xornada

Os instrumentos tradicionais baixo a perspectiva dos artesáns

Venres, 13 de novembro de 2015 Santiago de Compostela

Desde finais da década dos 70 vimos asistindo a un rexurdir da nosa música popular, posto de manifesto no cada vez maior número de persoas que se dedica a este campo do noso acervo cultural, ben desde a interpretación, a recolleita, a investigación, o ensino…, ben desde a divulgación, a organización de mostras, festivais, xuntanzas, seminarios, etc. Todo este movemento puxo en valor unha parte da nosa cultura popular que a maioría do pobo descoñecía ou infravaloraba, e fixo posible que hoxe en día a música galega goce dun prestixio e un recoñecemento a nivel internacional.


Neste proceso tiveron un papel fundamental, aínda que non moi coñecido, os nosos artesáns, que grazas ao seu tesón, rigor e bo facer foron quen de construír cada vez mellores instrumentos e investigar na recuperación doutros que xa ficaban totalmente esquecidos. Non podemos deixar de mencionar figuras inesquecibles nesta arte como Faustino Santalices, Poceiro, Basilio Carril, Paulino Pérez, García de Riobó, Represas, Manuel Calvo (O peneireiro), José Seivane e Antón Corral entre outros. Todos eles tiveron sempre as portas dos seus obradoiros abertas á xente nova que quixo internarse no seu oficio ancestral, razón pola cal temos hoxe tantos e tan bos continuadores do seu legado.


O Consello da Cultura Galega, desde a Sección de Música e Artes Escénicas, consciente da importancia do seu labor, promove unha xornada en que se debaterá sobre a situación actual deste sector. O seu contido estrutúrase en catro relatorios de catro persoeiros de recoñecido prestixio neste ámbito, seguidos dunha mesa redonda para o debate e posterior coloquio co público. 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta no sitio web www.consellodacultura.gal
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á Xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2ºandar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Xornada.
Os instrumentos tradicionais baixo a perspectiva dos artesáns
Cando
Venres, 13 de novembro de 2015
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2ºandar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

Coordinación
Xosé V. Ferreirós
Relator/a
César Loureiro
Álvaro Seivane
Xaneco Tubío
Oli Xiráldez
Ver tamén en:
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)