Converxencia dixital das institucións da memoria

Xornada

Converxencia dixital das institucións da memoria

6 e 7 de maio de 2015
Santiago de Compostela
Xornada

Converxencia dixital das institucións da memoria

6 e 7 de maio de 2015 Santiago de Compostela

No marco do ciclo de reunións que o Consello da Cultura Galega vén dedicando desde o ano 2008 ao patrimonio cultural, estas xornadas supoñen unha achega ao fenómeno da dixitalización nas denominadas “institucións da memoria”.


No medio dixital, esvaécense cada vez máis as diferenzas entre arquivos, bibliotecas e museos. Esa confluencia presenta moitas vantaxes tanto para os usuarios como para os propios centros involucrados na xestión e difusión cultural. Pero é obvio que ese proceso non deixa de constituír tamén un reto e un cambio profundo para uns e para outros.


Se o patrimonio cultural debe contemplarse como unha unidade que transcende as particularidades de cada sector, tal e como hai moito tempo que recoñeceron as normas nacionais e internacionais sobre a materia, o desenvolvemento do medio dixital e de Internet non fai senón reforzar esa visión unitaria. Primeiro, porque promoven o acceso a diferentes obxectos dixitais (que son representacións dos obxectos orixinais) que, como tales, non se diferencian moito uns dos outros, ofrecendo así a posibilidade de reconstruír virtualmente esa unidade perdida. E, segundo, porque a tecnoloxía que fai posible todo iso é, en esencia, a mesma, ou tende á converxencia para acadar a máxima interoperabilidade posible.


Por outra banda, ao carón da integración que se produce entre os produtos da dixitalización dos fondos e coleccións analóxicos, o patrimonio cultural nacido dixital, creado nun mundo xa non rexido polo paradigma da custodia en centros físicos, formula novas e interesantes cuestións desde puntos de vista tan diversos como o da súa selección, adquisición, tratamento, acceso e preservación no tempo.


Profesionais de diferentes centros e profesorado universitario español, portugués e brasileiro debaterán durante dous días como enfrontar eses retos en colaboración e supoñemos que as súas achegas serán do maior interese.


PRAZAS ESGOTADAS


 

Ficha técnica
Xornada.
Converxencia dixital das institucións da memoria
Data
6 e 7 de maio de 2015
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Comité científico
Pedro López Gómez
Lourdes Pérez
Bieito Pérez Outeiriño
Gabriel Quiroga Barro
Concha Varela-Orol
Relator/a
María Carrillo
Lluís-Esteve Casellas i Serra
Luís Corujo
Javier Docampo Capilla
Manuel Gago
Mar García Miraz
Juan José Generelo Lanaspa
Carlos Guardado
David Guardado
Ciro Llueca
María Manuela Pinto
Francisca Pulgar Vernalte
Miriam Vieira da Cunha
Colabora
Organiza
Consello da Cultura Galega