Desafíos do ecosistema cultural galego ante a axenda Europa 2020. Primeira Sesión: Políticas culturais

Ciclo. DESAFÍOS DO ECOSISTEMA CULTURAL GALEGO ANTE A AXENDA EUROPA 2020

Desafíos do ecosistema cultural galego ante a axenda Europa 2020. Primeira Sesión: Políticas culturais

Martes, 24 de marzo de 2015
Santiago de Compostela
Ciclo
DESAFÍOS DO ECOSISTEMA CULTURAL GALEGO ANTE A AXENDA EUROPA 2020

Desafíos do ecosistema cultural galego ante a axenda Europa 2020. Primeira Sesión: Políticas culturais

Martes, 24 de marzo de 2015 Santiago de Compostela

24 de marzo, 26 de maio e 16 de xuño


A primeira sesión terá lugar o martes 24 de marzo e centrarase nas POLÍTICAS CULTURAIS. A XESTIÓN CULTURAL someterase a debate o 26 de maio e, finalmente, a INDUSTRIA E O MERCADO CULTURAL acapararán a atención da sesión do 16 de xuño


A cultura galega afronta constantes desafíos nunha sociedade en rede que vive profundas transformacións. Os retos no horizonte da vindeira década, marcados pola Comisión Europea na Estratexia Europa 2020, son moitos e variados. Abranguen estratexias de crecemento baseadas en sete piares, entre os que se atopa a axenda dixital que propón “explotar mellor o potencial das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) para favorecer a innovación, o crecemento e mais o progreso”. O Consello da Cultura Galega, cumprindo coa súa función de promover debates sobre iniciativas estratéxicas para os próximos anos, fixou entre os seus obxectivos para o ano 2015 desenvolver un ciclo de debates para analizar aspectos relativos ás políticas, ás industrias e á xestión cultural.


Non é algo novo. O Consello da Cultura Galega xa promoveu dende finais de 2009 un proceso de debate e, mesmo, de “remuíño de ideas” arredor da situación da cultura galega, dos problemas que os seus actores identificaban como tales e das propostas de futuro que desta se poden albiscar. Máis de trescentas persoas participaron no proceso, tanto nos debates realizados en 2010 como nos cuestionarios remitidos polo equipo técnico, e cuxas conclusións deron lugar en 2011 ao documento Reflexión estratéxica sobre a cultura galega.


Nesta ocasión, un lustro despois, son as políticas culturais, a xestión, a industria e o mercado cultural no horizonte Europa 2020 os que se someterán a debate. Trátase de tres xornadas de reflexión nas que contaremos coa presenza de relevantes investigadores que nos permitirán afondar nas claves do sector cultural galego nos vindeiros anos e dende unha perspectiva global.


As persoas interesadas deben formular a súa inscrición en cada unha das sesións nos formularios ao pé de cada programa específico indicado.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta no sitio web www.consellodacultura.gal
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á Xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
Só se garantirá a distribución de material divulgativo impreso ás persoas previamente inscritas na actividade.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Ciclo.
DESAFÍOS DO ECOSISTEMA CULTURAL GALEGO ANTE A AXENDA EUROPA 2020
Desafíos do ecosistema cultural galego ante a axenda Europa 2020. Primeira Sesión: Políticas culturais
Cando
Martes, 24 de marzo de 2015
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Rosario Álvarez
Xosé López García
Relator/a
Ignacio Aguaded
Xerardo Estévez Fernández
Pier Luigi Sacco
Organiza
Consello da Cultura Galega