Os curricula escolares nos novos plans de estudo: música e artes escénicas

Xornada

Os curricula escolares nos novos plans de estudo: música e artes escénicas

Mércores, 25 de marzo de 2015
Santiago de Compostela
Xornada

Os curricula escolares nos novos plans de estudo: música e artes escénicas

Mércores, 25 de marzo de 2015 Santiago de Compostela

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (modificada recentemente pola LOMCE), establece no seu artigo 47 que as administracións educativas facilitarán a posibilidade de cursar simultaneamente as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria, e que para tal fin se poderán adoptar as oportunas medidas de organización e de ordenación académica, que incluirán, entre outras, as validacións e a creación de centros integrados.


A posta en marcha dos novos plans da ESO e do Bacharelato no próximo curso 2015-2016, segundo o calendario de implantación da LOMCE, aconsellan establecer procedementos que favorezan unha concepción integradora do sistema educativo das ensinanzas de réxime xeral coas ensinanzas de réxime especial de música e de danza, sempre co obxecto de favorecer a simultaneidade de ambos os estudos para paliar os efectos que pode producir a sobrecarga lectiva dos estudantes que optan polos estudos de música e de danza.


A Sección de Música e Artes Escénicas, consciente da importancia do asunto, xa levara a cabo en 1999 unha xornada baixo o título de “O centro integrado de música”. As cuestións que agora se expoñen transcenden a dimensión do centro integrado cara a ter un punto de reflexión e proposta de accións diante dunha cuestión de máxima actualidade, sempre á vista do tratamento que se propón por parte das administracións educativas das ensinanzas artísticas no sistema educativo. 

Ficha técnica
Xornada.
Os curricula escolares nos novos plans de estudo: música e artes escénicas
Data
Mércores, 25 de marzo de 2015
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Juan Durán Alonso
Eva Faraldo
Inmaculada López Silva
Inauguración
Rodrigo Porral
Ramón Villares
Maximino Zumalave Caneda
Modera
Luís Costa Vázquez
Presenta
Juan Durán Alonso
Eva Faraldo
Inmaculada López Silva
Relator/a
Francisco Luis Lemes Castellano
Elna Matamoros
Víctor Pliego de Andrés
Mercè Saumell
Organiza
Consello da Cultura Galega