Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza

Seminario

Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza

14 e 15 de novembro de 2014
Santiago de Compostela
Seminario

Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza

14 e 15 de novembro de 2014 Santiago de Compostela

Co gallo do setenta aniversario da fundación do Consello de Galiza en Montevideo, o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega, en colaboración co Grupo de Investigación Historia Política e dos Nacionalismos da USC (HISPONA) propoñen, co concurso de acreditados especialistas de universidades galegas, europeas e latinoamericanas, unha reflexión transnacional e comparativa verbo das categorías conceptuais asociadas ao fenómeno dos exilios e das emigracións políticas en xeral, centrándose nas experiencias dos exilios antifascistas ibéricos e europeos no continente americano dende o período de entreguerras, estudándoos igualmente tanto dende o punto de vista das sociedades receptoras como das emisoras, e procurando atender non só ás dinámicas sociopolíticas e culturais específicas de cada caso, senón tamén á súa interacción e entrecruzamento.


O obxectivo é procurarmos unha nova visión historiográfica dos exilios e do seu lugar dentro da historia do século XX, partindo dende o caso galego nunha perspectiva global.

Ficha técnica
Seminario.
Os exilios ibéricos en clave comparada: Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza
Data
14 e 15 de novembro de 2014
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago de Compostela

Relator/a
Andrea Acle-Kreysing
Óscar Álvarez Gila
Federica Bertagna
Fernando J. Devoto
Ángel Duarte Montserrat
Emilio Grandío
Xosé M. Núñez Seixas
Víctor Pereira
Víctor Santidrián
Ramón Villares
Pablo Yankelevich
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega