XVI Encontros para a normalización lingüística

Encontro. Encontros para a normalización

XVI Encontros para a normalización lingüística

24 e 25 de setembro de 2014
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros para a normalización

XVI Encontros para a normalización lingüística

24 e 25 de setembro de 2014 Santiago de Compostela

Esta edición dos Encontros pola Normalización Lingüística quere servir como un foro de información, debate e proposta con dous obxectivos en foco:


• Contrastar as distintas evolucións, situacións e perspectivas sociolingüísticas e glotopolíticas das tres linguas cooficiais das respectivas nacionalidades –do catalán (nos seus diversos dominios, pero con foco en Cataluña), do vasco (nos seus distintos dominios, con foco en Euskadi) e do galego (incluíndo as variedades estremeiras)– e unha lingua sen recoñecemento oficial (o asturiano)
• Reflexionar sobre distintos aspectos da (non?) política lingüística do Estado en relación co seu multilingüismo interno e de Europa en relación coas linguas non estatais, sen deixarmos de referirnos a un factor cada vez máis relevante, que son as migracións.


No transcurso dos Encontros, presentaranse relatorios panorámicos sobre cada un dos aspectos devanditos, dunha parte con información posta ao día e doutra parte parte con refl exións sobre o camiño andado (e nalgún caso desandado) e o porvir, dando espazo para o necesario debate.


Rematado o prazo inicial de inscrición, todas as persoas que o solicitaron foron admitidas e así lles foi comunicado vía correo electrónico. Quedan aínda prazas dispoñibles para asistir ás xornadas polo que, se é do seu interese, pode solicitar a súa inscrición mediante o formulario.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado no web do CCG.
Establécese en 100 o límite de prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. Teñen preferencia, en todo caso, os/as socios/as da CTNL e da CGENDL.
Prazo de inscrición: ata o 14 de setembro
Listaxe de admitidos/as: 15 de setembro
Entregarase diploma acreditativo de participación nos XVI Encontros, emitido polo Consello da Cultura Galega.
Para acadar o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
www.consellodacultura.org/cdsg/
T 881 995 146 // 881 995 142