Presentación do libro «A emigración galega a América do Sur»

Presentación

Presentación do libro «A emigración galega a América do Sur»

Venres, 13 de decembro de 2013 ás 12:00
Santiago de Compostela
Presentación

Presentación do libro «A emigración galega a América do Sur»

Venres, 13 de decembro de 2013 ás 12:00 Santiago de Compostela

O libro esmiuza o periplo de milleiros de familias separadas por un Océano que lles prometía unha vida mellor. E de que xeito os primeiros emigrados reclamaron despois a familiares e veciños, constituíndo auténticas cadeas que permitiron a inserción social e laboral da maioría dos novos emigrantes.


O asociacionismo galego (irmandades, centros galegos, amigos dunha localidade...), a solidariedade e as relacións entre paisanos, a importancia da emigración feminina, os exiliados ou a integración nos países de acollida son aspectos fundamentais que este tomo analiza polo miúdo ao longo de oito capítulos, centrados na Arxentina como primeiro destino, seguida de Uruguai, Brasil, Venezuela, Perú, Chile ou Ecuador.


Con ese motivo, a editora Hércules de Ediciones, vai presentar no Consello da Cultura Galega, o froito dese esforzo investigador e editorial. Os encargados de dar a coñecer esta obra serán a coordinadora, D.ª Pilar Cagiao Vila, profesora Titular de Historia da Universidade compostelana, e o editor, D. Francisco Rodríguez Iglesias, que estarán acompañados polo presidente do Consello da Cultura Galega, D. Ramón Villares Paz. 

Ficha técnica
Presentación.
Presentación do libro «A emigración galega a América do Sur»
Data
Venres, 13 de decembro de 2013 ás 12:00
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega 
Pazo de Raxoi, 2º andar 
Praza do Obradoiro, s/n 
15705 Santiago de Compostela 

Coordinación
Pilar Cagiao
Edición
Francisco Rodríguez Iglesias
Presenta
Ramón Villares
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
Arquivo da Emigración Galega (CCG)