Arte + Crise social

Xornada.

Arte + Crise social

Venres, 15 de marzo de 2013
Santiago de Compostela
Xornada

Arte + Crise social

Venres, 15 de marzo de 2013 Santiago de Compostela

Os tempos están cambiando. Non sabemos, con certeza, cales serán os nosos roles na nova época. Tampouco sabemos cales serán os espazos da cultura, nin da arte. Se as respostas tenderán cara á indignación ou á resignación. As palabras 'compromiso', 'xustiza' ou 'colaboración' semellan soterradas polo vocabulario económico do capitalismo financeiro e a terminoloxía banal dos media.


Sobre o pano de fondo, unha crise sistémica e poliédrica, o eido cultural e, nomeadamente, o sistema da arte contemporánea asumen as súas propias convulsións, vinculadas ao seu propio carácter crítico.


O refuxio estético non semella razón suficiente para que a arte sobreviva alén da meirande parte da sociedade. A arte e a cultura contemporáneas poden ser síntomas de absentismo, pero tamén de cambio ou mesmo acicate e influencia para o mesmo.


Así, decididas apostas por reintroducir a función social na arte non se limitan ao plano da representación nin se circunscriben ao contexto artístico senón que procuran a inserción no tecido social e o traballo colaborativo coa cidadanía.


Na era do capitalismo global, hai situacións críticas que demandan compromisos. A arte como movemento, estratexia e táctica, como metodoloxía e pedagoxía pode desempeñar un papel importante e necesario: sensibilizando, visibilizando problemas, construíndo narrativas visuais ao tempo que xerando novos imaxinarios culturais.


Nesta Xornada Arte + Crise social, Consello da Cultura Galega pregúntase por estas situacións e estas posibilidades. Coa axuda de especialistas, artistas e profesionais da crítica, afondamos na dialéctica entre o modelo biopolítico hexemónico actual e as respostas que están a formular distintos axentes culturais. 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (35 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
difusion@consellodacultura.org 

Programa
Arte + Crise social
Programa en PDF
Temáticas
Ficha técnica 
Xornada.
Arte + Crise social
Cando
Venres, 15 de marzo de 2013
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org

Coordinación
Camilo Franco
María Luisa Sobrino Manzanares
Relator/a
Mar Caldas
Manuel Figueiras
Federico López Silvestre
Mau Monleón
Miguel Mosquera
Natalia Poncela
Teresa M. Vilarós-Soler
Elena Vozmediano
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)