Novos camiños para o estudo da cultura e a arte

Simposio

Novos camiños para o estudo da cultura e a arte

No Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), venres, 22 de febreiro de 2013
Santiago de Compostela
Simposio

Novos camiños para o estudo da cultura e a arte

No Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), venres, 22 de febreiro de 2013 Santiago de Compostela

Un simposio en memoria de Serafín Moralejo.


Serafín Moralejo, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e Zóbel de Ayala Professor da Universidade de Harvard, foi unha figura clave da cultura galega das últimas décadas. Este simposio convoca a un grupo de investigadores que haberán de redimensionar as contribucións da súa fértil, variada e orixinal produción intelectual en diversos campos das humanidades, sinalando as achegas nas liñas de investigación que el clarexou, tanto no ámbito da historia da arte, como da crítica literaria, a antropoloxía ou os estudos culturais.


Na primeira sesión, seis profesores aos que dirixiu a súa tese doutoral situarán en perspectiva os traballos de Serafín Moralejo, analizando os seus propios procesos de reflexión e expandíndoos con achegas particulares sobre os diversos temas nos que Moralejo abriu camiños de pensamento.


A segunda sesión centrarase nos estudos Xacobeos, tendo en conta o compromiso intelectual que Serafín Moralejo mantivo co fenómeno da peregrinación e coa historia das manifestacións artísticas e culturais que o culto a Santiago xerou e a través das cales nas que se materializou. 

Ficha técnica
Simposio.
Novos camiños para o estudo da cultura e a arte
Data
No Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), venres, 22 de febreiro de 2013
Lugar

LUGAR
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n
15704 Santiago de Compostela

Coordinación
Manuel Castiñeiras
Francisco Prado-Vilar
Rocío Sánchez Ameijeiras
Relator/a
Mercedes Brea
Manuel Castiñeiras
José María Díaz
J. M. Díaz de Bustamante
Fernando López Alsina
Carmen Manso
Matilde Mateo
Francisco Prado-Vilar
Rocío Sánchez Ameijeiras
Iago Seara Morales
Margarita Vila
Ramón Yzquierdo Perrín
Organiza
Consello da Cultura Galega