II FORO INTERNACIONAL INDCREA

Foro

II FORO INTERNACIONAL INDCREA

Na Illa de San Simón (Redondela), 17 e 19 de xullo de 2012
Redondela
Foro

II FORO INTERNACIONAL INDCREA

Na Illa de San Simón (Redondela), 17 e 19 de xullo de 2012 Redondela

CULTURA EMPRENDEDORA E INNOVADORA PARA AS INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS


A Cultura Emprendedora e Innovadora para as Industrias Culturais será o eixo central da segunda edición do Foro Internacional INDCREA que, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto ao Consello da Cultura Galega, celebrarase entre o 17 e o 19 de xullo na illa de San Simón, como actividade do Laboratorio Permanente de Industrias Culturais.


Máis de 50 expertos internacionais procedentes dos ámbitos académico e profesional vinculados á industria cultural e creativa, tanto desde a perspectiva do creador como das do empresario, empregado ou promotor, centraranse na análise na cultura emprendedora como un dos piares do desenvolvemento do sector.


Desenvolvido por parte da Consellería a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Fundación Illa de San Simón, o proxecto INDCREA ten como obxectivo analizar e atopar novas fórmulas (a través do debate, a reflexión e mesmo a investigación) que permitan enfrontar con éxito os desafíos de futuro das industrias culturais e creativas, un sector estratéxico en Galicia non só polo seu capital artístico senón tamén pola importancia do tecido produtivo relacionado, cunha gran capacidade de xeración de emprego e de resistencia á crise económica.


Así, neste foro analizaranse aspectos como o valor económico das industrias culturais, os modelos de negocio existentes e emerxentes ou a necesidade de acometer unha reestruturación imposta pola crise económica e a reconversión tecnolóxica. Tamén se abordarán as estratexias de futuro e as tendencias a explorar para incrementar os mercados, avanzar na I+D+i ou buscar novos procedementos de interacción coas institucións e os axentes sociais.


O comité organizador do II Foro Internacional INDCREA está presidido polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos F. Fasero; e á fronte do comité científico está Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. A dirección académica e científica corre a cargo dos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e Francisco Campos; e da Universidade da Coruña, Valentín Alejandro Martínez.


Outros asuntos que se tratarán ao longo deste encontro van desde a importancia económica e cultural no contexto da globalización ata o ecosistema creativo, innovador, colaborativo e comercial da cultura dixital, a problemática e os novos modelos de negocio na industria musical, o potencial da cultura e as marcas nas redes sociais, o impacto do cambio do paradigma dixital, a alfabetización mediática, a divulgación científica, a promoción e o emprendemento turístico vencellado á cultura ou a investigación no eido das industrias creativas.


Ademais dun amplo colectivo de profesores universitarios e profesionais galegos, encargaranse de analizar todos estes aspectos destacados expertos que desenvolven o seu traballo fóra de Galicia, como son os casos de Rafael Rodríguez Ponga, secretario xeral do Instituto Cervantes; Manuel Toharia, director científico da Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia; Paulo Faustino, secretario da Asociación Portuguesa de Medios de Comunicación Social; Gonzalo López Campos, director do selo Movistar Música; Francisco Aguadero, investigador, comunicador e especialista en comunicación social; ou Juan Nouche, produtor multimedia de Otiiplanet.com, entre outros. Do ámbito académico, viaxarán a San Simón con motivo de INDCREA 2012 Neysi Palmero, catedrática da Facultade de Comunicación e Mercadotecnia da Universidade Autónoma de Guerrero (México), Francisco Rui Cadima, catedrático de Comunicación da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa; Ana Cristina Correia Gil, profesora da Universidade Pública das Açores (Portugal); Rosario de Mateo, catedrática de Xornalismo da Universidade Autónoma de Barcelona; Juan Carlos Miguel de Bustos, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade do País Vasco; José Ignacio Aguaded, catedrático de Medios e Novas Tecnoloxías da Comunicación aplicadas á Educación da Universidade de Huelva; Franc Ponti, profesor da escola de negocios EADA de Barcelona e Antoni Serra Cantallop, profesor da Universidade das Illas Baleares.


O encontro foi retransmitido en streaming pola canle San SimónTV, á que se pode acceder a través da páxina web da Fundación Illa de San Simón (www.illadesansimon.org).
Tamén se realizará un completo seguimento en Twitter desde a conta @illasansimon e baixo a etiqueta #INDCREA2012.

LUGAR

LUGAR
Illa do Pensamento
Arquipélago de San Simón
Ría de Vigo
Redondela
Pontevedra

Ficha técnica
Foro.
II FORO INTERNACIONAL INDCREA
Cando
Na Illa de San Simón (Redondela), 17 e 19 de xullo de 2012
Onde
Redondela
Enderezo

LUGAR
Illa do Pensamento
Arquipélago de San Simón
Ría de Vigo
Redondela
Pontevedra

Comisión organizadora
Francisco Javier Alonso González
Rubén Canella García
Mercedes Caridad Sebastián
Juan Manuel Corbacho
João Paulo Faustino
Juan Carlos Fernández Fasero
Víctor F. Freixanes
Xosé López García
Neysi Palmero
José Pereira Fariña
Emir Suaiden
Comité científico
Francisco Aguadero Fernández
Juan Manuel Corbacho
Ana Cristina Correia Gil
Xaime Fandiño
João Paulo Faustino
José Antonio Fraiz Brea
Víctor F. Freixanes
Manuel Gago
Fátima García López
Margarita Ledo
Cecilia Leite de Almeida
Xosé López García
Rosario de Mateo
Juan Carlos Miguel de Bustos
Ana María Morales García
Neysi Palmero
José Pereira Fariña
Natalia Quintas Froufe
Luis Fernando Ramos Simón
Magdalena Rodríguez Fernández
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
Clide Rodríguez Vázquez
Xosé Rúas Araújo
Francisco Rui Cádima
María Victoria Santorsola
Antoni Serra Cantallops
Xosé Soengas
Carlos M. Tejada Artigas
Emma Torres Romay
Teresa Tsuji
Miguel Túñez López
Ramón Villares
Dirección
Marcelino Fernández Santiago
Xosé López García
Rómulo Sanjurjo Chao
Secretaría
Óscar Juanatey Boga
Xosé Rúas Araújo
Alba Silva
Participante
Iria Ameixeiras
Beatriz Feijóo Fernández
Doris Fernándes del Pozo
Fátima Fernández
Juan Carlos Fernández Fasero
Tania Fernández Lombao
Víctor F. Freixanes
Manuel Goyanes
Mónica López
Isabel Martínez Martínez
Magdalena Rodríguez Fernández
Clide Rodríguez Vázquez
Fernando Salgado
Alba Silva
Carlos Toural
Ramón Villares
Presenta
Carlos Carballo Varela
Juan Manuel Corbacho
Xaime Fandiño
Juan Carlos Fernández Fasero
Manuel Gago
Margarita Ledo
Xosé Pereira
Ana Isabel Rodríguez Vázquez
Xosé Rúas Araújo
Xosé Soengas
Emma Torres Romay
Miguel Túñez López
Relator/a
Javier Abreu
Francisco Aguadero Fernández
David Barro López
Ana Cristina Correia Gil
João Paulo Faustino
José Antonio Fraiz Brea
Xosé Gago
Xesús Iglesias
Carlos Jiménez Suárez
Lara López
Gonzalo López Campos
Kin Martínez
Rosario de Mateo
Juan Carlos Miguel de Bustos
Antón Mourelos Vázquez
Juan Nouche
Luis Paadín
Neysi Palmero
Franc Ponti Roca
Rafael Rodríguez-Ponga
Francisco Rui Cádima
Antoni Serra Cantallops
Manuel Toharia Cortés
Colabora
Centro Iberoamericano de Investigación en Comunicación Información e Desenvolvemento
Instituto Brasileiro de Informação em Ciência e Tecnologia
Instituto Universitario Agustín Millares
Universidad Autónoma de Guerrero
Universidad Nacional de La Matanza
Universidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Organiza
Axencia Galega das Industrias Culturais
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Consello da Cultura Galega
Fundación Illa de San Simón