A comunicación e a cultura nos ámbitos locais

Foro.

A comunicación e a cultura nos ámbitos locais

Do 23 ao 25 de novembro de 2009
Foro

A comunicación e a cultura nos ámbitos locais

Do 23 ao 25 de novembro de 2009
Galicia conta cunha gran cantidade de iniciativas de comunicación nos ámbitos comarcal e local, tanto públicas como privadas. Este feito animounos a organizar un foro de debate para analizar a evolución destes medios e para reflexionar sobre as súas posibilidades no momento actual, cando a industria mediática afronta un proceso de reorganización. Ademais de reunir especialistas que estudaron o papel destes medios de proximidade, será unha boa ocasión para xuntar todas aquelas persoas interesadas nestas cuestións e para intercambiar puntos de vista sobre as experiencias levadas adiante nos últimos anos.

Desde o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega entendemos que neste momento, cando a mundialización parece presidir boa parte dos procesos comunicativos, resulta oportuna unha profunda reflexión sobre a comunicación e a cultura nos espazos locais.

Neste foro, expertos en política, comunicación e cultura reflexionaron sobre temas tan actuais como os procesos de comunicación local na era dixital, as iniciativas locais e a súa relación cos grandes grupos de comunicación ou as iniciativas no mapa público da comunicación local de Galicia. Agardamos que este foro sexa útil para todos os axentes da comunicación e a cultura que traballan nos espazos de proximidade.
Ficha técnica 
Foro.
A comunicación e a cultura nos ámbitos locais
Cando
Do 23 ao 25 de novembro de 2009