29 de outubro de 2009
Considerada como un dos nomes máis relevantes da literatura galega contemporánea e autora dun verso convertido en divisa da reivindicación feminista, “EU TAMÉN NAVEGAR”, a figura de Xohana Torres tende a ser recoñecida só no ámbito poético e narrativo, existindo porén un gran descoñecemento sobre outros traballos literarios e culturais da escritora que cumpría pór de relevo. A xornada “Xohana Torres. A dona dos mapas”, celebrada o día 29 de outubro de 2009 nas dependencias do CCG, propiciou novos enfoques arredor da súa obra poética, narrativa, teatral, investigadora, xornalística e no ámbito da literatura infantil e xuvenil, permitindo así resituar e documentar a súa relevancia creativa no contexto cultural desde os anos 50 até a actualidade.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2ºandar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202
Fax. 981 957 205
10:00 horas
Presentación
Ramón Villares Paz. Presidente do Consello da Cultura Galega
María Xosé Agra Romero. Coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, USC
Audición de Xohana Torres
Sesión científica
ENTRAR NA SOMBRA.VULNERAR A NOITE
10:30 horas
Á nai navegante
Carmen Blanco. Universidade de Santiago de Compostela
Presenta: María Xosé Agra Romero
11:30 horas
Pausa
12:00 horas
Relatorios e debate
Modera: Dolores Vilavedra
Proxectar a matria: nación e xénero no teatro de Xohana Torres
Iolanda Ogando. Universidad de Extremadura
Entre sedentarismo ancestral e nomadismo mareiro: a paisaxe profunda de Xohana Torres
Olga Novo. Université de Bretagne-Sud Lorient
Muller contra a marea. Xohana Torres precusora daliteratura infantil galega
Montse Pena Presas. Universidade de Santiago de Compostela
Lectura comparada de “Adiós María”
Helena Gonzále. Universitat de Barcelona
Sesión de documentación e memoria
NON SABEDES DE MINMÁIS QUE ISA ONDA
17:00 horas
Xohana Torres no Álbum de mulleres
Mariam Mariño Costales. Técnica da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega
17:30 horas
Xohana Torres, do Teatro Estudio de Ferrol á radio en “La Voz de Vigo”
Conversa con Laura Pérez Landeira e Xoán Bernárdez Vilar
Presenta e modera: Ana Romaní Blanco
18:30 horas
Pausa
Sesión literaria
CLANDESTINA ABORDAXE,ONDA QUE ROMPE
19:00 horas
Recital poético
María Xosé Queizán, Chus Pato,Lupe Gómez e María do Cebreiro.
Presenta: Lara Rozados
Audición
Penélope de Xohana Torres
20:00 horas
Final da xornada
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2ºandar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202
Fax. 981 957 205
Henrique Monteagudo Romero e María Xosé Agra Romero presentan unha xornada que se divide en tres sesións: científica, de documentación e memoria, e literaria.
Para propiciar novos enfoques arredor da obra de Xohana Torres en ámbitos como o poético, narrativo, teatral, e na literatura infantil e xuvenil, a xornada abriuse cunha sesión científica na que catro estudosas da súa obra presentaron novas achegas arredor dos parámetros xénero e nación na súa obra dramática, paisaxe e natureza na obra poética, o seu labor en tanto que precursora na literatura infantil e xuvenil e unha outra lectura da novela Adios María. Como pórtico a sesión científica abriuna a profesora Carmen Blanco cunha conferencia marco sobre a figura de Xohana Torres.
Pechouse a xornada cun recital poético enmarcado no verso que deu titulo a sesión e que foi suxerido como diálogo ás poetas participantes unidas todas pola súa relación con Xohana Torres
Lara Rozados fai a presentación dunha sesión na que as poetas María Xosé Queizán, Chus Pato, María do Cebreiro e Lupe Gómez conversan, cos seus versos, con Xohana Torres.
As coordinadoras da xornada Ana Romaní e Helena González no peche, fan un breve resumo do acontecido na xornada e presentan a audición de Xohana Torres recitando o seu poema “Penélope”.