Idiomas: Español / English
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago - A Coruña
Tel.: +34 981957202
Directorio de contactos
epistolarios

Todas as cartas con Enrique Azcoaga

ENRIQUE AZCOAGA
1912 Madrid - 1985 Madrid

TODAS                  Recibidas de Enrique Azcoaga (1)       |         Carta: 1 a 1 de 1
00/00/1953
Remitente/s:
ENRIQUE AZCOAGA
Destinatarios/as:
LUÍS SEOANE
Destino
Bos Aires, Arxentina
Orixe
Vigo, Galicia, España
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]

Localización física
Fundación Luis Seoane

Ca. novembro 1953

Querido Luís:

Ahí te van las ampliaciones que me pediste para mi libro. Se me ocurrían bastantes más, pero entonces había que reformar el texto en gran parte. Lo que sí te agradecería era que vigilases la unificación ortográfica, suprimiendo toda clase de apóstrofes, etc. El modelo para la ortografía de todo el libro debe de ser el del artículo dedicado a tí, que te acompaño y que he rehecho en algunos aspectos. Fijándote en él, te será fácil seguir las mismas normas para el resto de la obra. Más adelante te enviaré un artículo sobre Maside.
Supongo que habrás recibido la carta que te escribí. No me ha llegado aún tu último libro, que me anunciabas, ni recibí tampoco las publicaciones del Centro. Supongo que se trata de alguna demora de Correos.
Cuando me contestes, indícame lo que te costaron los grabados para la monografía de Maside, que trajo García Sabell, para hacerte efectivo su importe en la forma que digas.
Nada más por el momento. Espero tus noticias. Un cariñoso saludo a Maruja, de mi mujer para los dos, y para tí un fuerte abrazo de

Fdez del Riego


Anexo nº 1:

A súa poesía ten, nembargante, moitas facetas. Si Cabanillas é un poeta civil e social, en No desterro e Da terra asoballada, móstrase tamén como agudo pintor de cadros de costumes, de dondas visiós campesiñas. En Vento mareiro, e sobre todo en A rosa de cen follas, revélase como un lírico de fonda emoción, de entranabre pureza. Nos Camiños do tempo fai unha poesía narrativa, e âs veces achégase âs formas épicas.
Aló no fondal da poética, variada, ricaz, do vate cambadés, hai unha finísima cobiza que apaga a súa sede nas nidias fontaíñas do romantismo e do realismo. Pero hai, tamén, no fondo e na forma dos seus versos, un infruxo da corrente modernista que esparexéu pol-os vieiros peninsuares a lírica rubeniá.
A devoción do poeta pol-o popular, pol-os manantíos que xurden da anónima voz do pobo, amósase patente na devoción pol-as canciós que aínda viven nos nosos escearios labregos e mariñeiros. Dilas fixo unha intelixente e fermosa escolma, no seu libro Antífona da Cantiga.
Nas belidas “sagas”, âs que denantes aludimos, o poeta, basándose en lêndas armoricás, emprega as formas lírico–narrativas, ou lírico–descriptivas, con unha axeitadísima gracia que non ten parello antre nós. Nisas sagas, o tema histórico mistúrase coa esencia persoal no canle escoador dos versos. Ahí están, enriquentando o Parnaso galego, vencelladas a un céltigo vento lexendario, na triloxía de Na noite Estrelecida. A elección do rei Artur cobra un inxel poder evocador en A espada Escalibor; a traveso das estrofas de O cabaleiro de Sant Grial vai escorrendo o viaxe de Galahaz en percura do Santo Grial; en O sono do rei Artur, píntase, con espresivo lirismo, o recollimento do monarca na coba onde está durmindo.
(Para sustituír en el texto de Cabanillas por los dos párrafos primeros de la página 54, que deben suprimirse).


Anexo nº 2:

(A continuación de: “baixo da sinxela denominación de Do meu diario…”).
E, de xeito particular, en As cruces de pedra na Galiza. Nista obra, o artista ten feito un estudo lumioso, no que se conxugan a arqueoloxía, a historia e a arte dise grande movimento popular noso, refrexado nas cruces de pedra. Andando as roitas de Galicia, ô longo de dez anos de pelerinaxe sin pousa, Castelao foise situando frente dos cruceiros galegos; copiounos co seu lápiz en versión directa, e arrincoulles a gracia dos seus máis íntimos segredos.
E velahí o resultado do seu labor pacente, fondo, minucioso, arredor do tema da cruz. No mundo dunhas fermosas páxinas, vai escorrendo a tradición e a xénesis dun proceso latexante: Insculturas cruciformes, as primixenias cruces cristiás de Galicia, o alento cristianizador de menhires, camiños e miliarios; e logo, a emoción dos cruceiros recollida pol-a acariñante ollada dos poetas; o misterio do seu orixe, a raigaña da súa antigedade, o seu vô esparexedor...
Os valores culturás dos cruceiros –múltiples, vivos– teñen sido actualizados, con erudita axilidade, pol-o xenio de Castelao. Foinos relacioando en maravillosa eséxesis; estabrecéu os seus contrastes, e anotóu as súas semellanzas e diferencias cos moimentos parellos da Bretaña francesa, da Irlanda, e das máis terras céltigas. Todo, nun esforzo persoal, único. E a íl engadíu aínda unha abondosa ilustración de deseños i estampas, realizada pol-o propio artista con mestría insuperabre.
Tamén no ensaio político, deixóu Castelao unha fértil amosa do seu rexo temperamento. O volume Sempre en Galiza constituie unha viva espresión interpretativa do sentir galeguista, na visión dun home que todo llo ofrecéu ô porvir da súa patria.
(Para añadir al texto de Castelao)
Anexo nº 3:

No libriño Triscos a súa poesía amósase limpa e nidia, sinxela e díspida; pura no máis profundo senso da verba, “con isa sobriedade formal que adxetiva de sí mesma a millor lírica de todol-os tempos: poesía, poesía”.
(Para intercalar en el texto de Pimentel, a continuación de:
Non convén chorar máis.
Ela chorou por todos e pra sempre
Calemos...)

Outra cousa é a súa consideración no plano poético. Son varios os volumes que teñen saído da súa pluma. En galego deu á lírica catro libros: Vieiros, O silenzo axionllado, Anxo de terra e Poemas pendurados dun cabelo.
(Para sustituir en el texto de Carballo Calero por las tres primeras líneas del párrafo que comienza del mismo modo).
.


                                      

IDENTIDADE | PERFIL DO CONTRATANTE | LEI DE TRANSPARENCIA | AVISO LEGAL

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

. Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña
Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205
Correo electrónico: epistolarios @consellodacultura.org