Materiais

Homenaxe a Avilés de Taramancos 50: Entrevista en RNE

.

—Esta a piques de saír o teu novo libro As torres no ar, ¿que é este libro?
As torres no ar. Eu quería tamén unha especie de reencontro coa propia terra. Non soamente coa terra aberta do suco senón coa terra telúrica; e ao mesmo tempo é unha loita tamén contra o tempo que pasa, o tempo que nos vai desgastando permanentemente. Entón de aí ese
libro, que comeza cunha frase de miña nai que me dixo algún día e non hai moito; dixo “meu fillo, ti sempre estás a facer torres no ar”. Entón
decidinme a facer Torres no ar e a que quedara reflectida dalgunha maneira. Iso é o libro; está dividido en tres partes, unha parte que son
“Cantos a carón da terra”, que é achegarme á terra, precisamente, á terra de labranza e á terra como patria; despois está “O cántico das naves, elexías do mar”, porque eu sempre estou vendo pasar os veleiros na miña memoria; e hai unha última parte que é “A torre secreta”; todos os castelos teñen unha torre secreta, que son os sonetos amorosos, eróticos. Entón todo ese complexo forma ese libro que se chama As torres no ar, que podía levar cantidade de cousas porque un castelo ten cantidade de compartimentos e incluso sotos.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: