Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 49: Entrevista en RNE

.

—¿Cales son os maiores problemas coas que se atopa un escritor nestes tempos e neste país?
—Non teño nunca o sosego necesario para poder escribir. Vós sabedes que eu escribo nunha taberna chea de barullo e con música de rock de fondo, permanente ademais. Nunha taberna en que estou desde as dez da mañá ata as dúas da mañá todos os días, e todo o que eu podo
ir escribindo téñoo que escribir aí. Xa superei pois o problema, porque me illo totalmente cando teño que escribir e entón non hai problema ningún, non escoito nada. Aínda así interrómpenme a cada momento polo meu traballo de taberneiro pero eu creo que precisamente todos estamos a vivir así dese xeito, en que nos interrompen frecuentemente para outras cousas que non nos interesan pero que nos serven para ir sobrevivindo. Son traballos de sobrevivir, mentres que o traballo literario sempre, como eu dicía antes, serve de refuxio para poder chegar e meterse nel tranquilamente e apartarse un pouco do mundanal ruído, que diría o vello poeta castelán.

Descrición:
Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 1 minutos e 04 segundos
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: