Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 48: Entrevista en RNE

.

—Concelleiro de Cultura no Concello de Noia. ¿Con que obxectivos?
—Eu metinme a concelleiro de Cultura en Noia –á parte das cousas políticas, que importan menos aquí– máis que nada porque había que facer unha infraestructura cultural que non hai. Non hai unha casa da cultura, non hai un sitio para poder dar un recital ou facer unha exposición; non hai unha infraestructura cultural apropiada para desenvolver a cultura. Porque a cultura non se fai desde ningunha consellería nin desde ningunha concellería. E entón o que hai é que facer as estructuras para que a cultura do pobo teña onde expresarse; non é máis ca iso. E ese foi o meu compromiso e o compromiso que quero levar a cabo, e dalgunha maneira estouno levando porque se vai comezar a facer a casa da cultura en quince días máis ou menos. Xa hai unha subvencións aí. E non soamente a casa da cultura de Noia senón que hai unhas escolas unitarias nas parroquias onde se van facer uns centros de cultura tamén. Ese é o meu compromiso e metinme aí por iso, e non por outra cousa, á parte do meu compromiso moral, loxicamente, con todo o que sexa traballar por Galicia dignamente.

Descrición:
Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 1 minutos e 04 segundos
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: