Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 46: Entrevista en RNE

.

—O teu libro O Tempo no espello comeza coa cita “Quen vive mais dunha vida mais dunha vez ten que morrer”. ¿É xusto ter que morrer para vivir?
—Hai unha serie de cousas que vas perdendo, que son diferentes mortes a través da vida. Un pouco os paraísos perdidos, vas perdendo certos paraísos. Perdes o paraíso da infancia, perdes o paraíso da terra cando te tes que ir, perdes o paraíso que deixaches alá cando regresas. Todas esas son un pouco mortes de cada quen, algo que vas deixando para sempre. Un pouco a loita contra o tempo, a de non ter a ubicuidade, non poder estar en dúas partes ao mesmo tempo. Entón sempre hai algo que botas de menos, sempre hai algo que está morrendo dentro de ti. Iso é así e non hai… e todas esas mortes lévaas un dentro, loxicamente.

Descrición:
Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 52 segundos
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: