Materiais

Homenaxe a Avilés de Taramancos 45: Entrevista en RNE

.

—¿Incluso en Noia, de onde ti es?
—Nas vilas vívese un pouco máis tranquilo. De todos os xeitos un está involuído na acción ambiente. Chega un pouco a todas as partes, é un pouco o que che meten polos ollos. Hai que ter en conta que agora hai unha pantalla en todas as casas que, dalgunha maneira, tamén distribúe os teus comportamentos, ou polo menos remárcaos ou diche o que tes que facer case durante o día porque che impón unha serie de condicións e un xeito de vida. O que pasa é que nas vilas, se non andas ao ritmo que che marcan desde fóra, sénteste como un pouco perdido tamén, e entón andas a correr sen saber por qué.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: