Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 43: Entrevista en RNE

.

—¿Nestes tempos hai espacio para a bohemia?
—Home, é unha bohemia dun tipo moi diferente ao que era a bohemia do meu tempo. Eu quizais fun o último bohemio, daquela bohemia en que eu participaba con Urbano Lugrís nos anos cincuenta; xa nos dicían daquela que eramos os últimos, os derradeiros bohemios. E entón non sei, o que pasa e que agora é unha bohemia moito más viva e algo máis farturenta, porque a nosa era de verdadeira fame e necesidade. Hoxe hai a bohemia da movida en que moita xente se perde e ao mellor pasa un mes perdido nunha noite case eterna en que a movida o absorbe dalgún xeito; e é un xeito de ser bohemio. Pero supoño que esa época romántica da bohemia, como se concibía, acabouse; non hai tempo. Co tempo agora ti ves que en todas as partes hai unha certa agresividade, hai unha certa competencia, hai que andar correndo e senón píllante os coches. Tes que moverte.

Descrición:
Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.

  • entrevistado/a:
  • Mencionado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 1 minutos e 05 segundos
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: