Materiais

Homenaxe a Avilés de Taramancos 40: Entrevista en RNE

.

—Ti definícheste como home do pobo. Nun momento en que é tan difícil non integrarse nas institucions ¿como fas para ser coherente con esa afirmación?
—Eu son un home do pobo, entón case non teño que facer nada; ou sexa, que non me custa moito traballo. Primeiro, non teño ningunha disciplina académica, non teño ningunha disciplina de ningunha clase. Son un indisciplinado. E entón tamén sempre por iso teño oficios que non teñen moito que ver con nada institucional, polo tanto síntome fóra sempre.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: