Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 38: Entrevista en RNE

.

—¿E máis facil ser galego fóra de Galicia que dentro?
—Ser galego é unha cousa esencial con un e un ten que ser galego a pesar de todo. Agora ben, ser galego fóra de Galicia é unha especie de cruz que un leva encima porque non te podes liberar nunca nin podes ser feliz nunca. Eu convivía con outras comunidades de todas as partes do mundo –porque vós sabedes que América é unha especie de crisol onde se reúne toda a xente do mundo–, e víaos moitas veces en cantidade de festas e de concursos, todos moi felices; e nós sempre estamos un pouco arrastrando ás costas a nosa terra. Iso é unha chaga permanente, algo que non podemos superar; a min iso entristecíame moito porque ás veces quería liberarme pero non puiden liberarme nunca. Quizais ese sentimento de estar fóra é unha cruz que ningún galego pode salvar e que eu sinto aínda agora –porque un queda coa mente dividida– en que tamén teño saudades daquelas terras. É unha saudade doutro tipo, en que un incluso sente alegría de escoitar a música daquelas terras e ao escoitar ás veces a xente de alá que te vén visitar. Cando estaba alá era todo o contrario, había unha especie de sufrimento. Ese desvencello de estar fóra da terra é terrible.

Descrición:
Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 1 minutos e 29 segundos
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: