Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 37: Entrevista en RNE

.

—¿Como ves a situación politica e cultural?
—Eu vexo, se son sincero, moito egoísmo, moito individualismo e moita desunión, moito problema de ferirse uns aos outros. É difícil pero supoño que é transitorio. Chega un momento en que despois dunha loita permanente, agre, difícil, hai un desgaste e calquera cousa nos fire. Estamos todos un pouco queimados; entón calquera cousa que se nos di, aínda dun xeito máis ou menos non intencionado, ás veces fírenos demasiado e estamos todos un pouco en carne viva. Entón iso é perigoso pero eu creo que foi necesario, e dalgún xeito vaise superar.

Descrición:
Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.

  • entrevistado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 52 segundos
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: