Materiais

Homenaxe a Avilés de Taramancos 34: Entrevista en RNE

.

—¿Que é máis importante a natureza e o ambiente de Galicia ou a xente?
—Sempre é máis importante a xente, loxicamente. A natureza á fin e ao cabo é un escenario onde se move a xente e nós somos parte da xente. Entón a xente é o que che dá ese espírito de ir entendendo a natureza. Vanse compenetrando. Loxicamente ti sabes que hai unha teoría, que parece que descubriu don Ramón Otero Pedrayo: que a xente e a paisaxe, dalgunha maneira, se van entendendo e vanse compenetrando de tal xeito que chegan a ser a mesma cousa. Pero indubidablemente sempre é a xente, o espírito da xente, que incluso hai a teoría de que non morre senón que vai facendo sedimento da patria, que dalgunha maneira vai facendo ese fluír eterno que nos fai os xestos e que nos fai a palabra e que nos fai a maneira de ser. Entón a xente sempre é máis importante indubidablemente cá natureza.

  • entrevistado/a:
  • Mencionado/a:
  • Data: 00/00/1988
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Propiedade:Radio Nacional de España
    Emisión:Radio Nacional de España - Radio 4
Compartir: