Materiais

Homenaxe a Avilés de Taramancos 31: Entrevista na Radio Galega

.

—Pois nós temos que cambiar, porque eu quería chegar a Noia, e ímonos despedir de Colombia con outra música colombiana, un popurrí colombiano, e imos chegar a Noia rapidamente porque queda moi pouquiño tempo.
—Aí está Cresencio Salcedo. Esta música sempre me leva a Medellín, a ver este músico que andaba a pedir descalzo polas rúas de Medellin, coa súa frauta de cana, tocando esas melodías que deron a volta ao mundo e que lle roubou un home que se chamaba Carlos Fuentes, que gravou e que el é o que cobra os dereitos. Ás veces pasa iso porque Cresencio Salcedo era un home do pobo, e iso é case música popular colombiana, de frauta de cana. Entón iso sempre me leva a aquela figura tan entrañable de Cresencio Salcedo co seu sombreiro posto na beirarrúa para pedir, e facendo as melodías que deron a volta ao mundo e que levaron a música colombiana a todas as partes. Esa é quizais a miña despedida de Colombia.

  • entrevistado/a:
  • entrevistador/a:
  • Data: 00/00/1989
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Publicacións: publicado en O son da súa vida;
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Emisión:Radio Galega
Compartir: