Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 30: Entrevista na Radio Galega

.

—Sabes a quén me está recordando, de quén me lembrei non pola música senón por un nome que acabas de pronunciar: por Iquitos. Lémbrome dun home que foi galego e que conquistou –dalgunha maneira non conquistou, senón que se integrou– as selvas amazónicas. O famoso Caramurú. Supoño que ti quizais tes algunha información deste galego tan interesante.
—Non, non teño máis cá información que vén nos libros. Pero alí viviamos… Eu tamén encontrei un galego que era xefe dunha tribo no Amazonas e era de Betanzos, o cacique Pataraíña, que lle chaman alí. Ten como cincuenta e tantos fillos e está alí vivindo para sempre moi cómodo e moi tranquilo, dentro da tranquilidade e da comodidade que pode haber nunha tribo; aínda que as tribos están moi desprestixiadas e moi pisadas, tanto agora coma na conquista, ou sexa, que tampouco é que leven unha vida moi alegre, pero o home está defendendo a súa xente e está no seu sitio. Todo iso foi, por chamarlle dalgún xeito, aventura. Era unha maneira de vivir que o Miguel de la Quadra coñecía máis
ou menos ben naquel tempo e iso foi unha etapa. Pero despois diso fixéronse moitísimas cousas, en vinte anos en Colombia –e ademais iamos ao Perú, a Venezuela, a Panamá, en fin, a todos os países circundantes– desde ter unha churrería para andar polas feiras, ou ter unha librería, ou os mil traballos que pode ter unha persoa. En América sempre se improvisa, ademais, porque é unha terra moi aberta e moi libre para facer mil cousas. Non hai ese asentamento que hai aquí de coller unha cousa para toda a vida. Alí cámbiase permanentemente.

Descrición:
Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.

  • entrevistado/a:
  • entrevistador/a:
  • Data: 00/00/1989
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 1 minutos e 33 segundos
  • Publicacións: publicado en O son da súa vida;
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Emisión:Radio Galega
Compartir: