Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 27: Entrevista na Radio Galega

.

—¿Como era Colombia cando chegaches aló polo ano 60?
—A min o que máis me impresionou ao chegar –fun nunha viaxe de avión de 24 horas daquel tempo, nun DC 6 superconstelation, que eran os grandes avións daquela, e cheguei, como é natural, sen nada; cheguei a Colombia con nove dólares e o primeiro día de estancia xa tiven que gastar cinco, ou sexa, que tiña que andar moi esperto para poder sobrevivir– foron as grandes cordilleiras, os grandes montes. Levando os ollos aos nosos montes de aquí, que son así tan dondos e redondiños, chegar e ver montes de catro mil metros, loxicamente, queda un un pouco
espantado. Esa é a primeira impresión para os ollos dun galego que nunca saíra de Galicia. Pero tamén son as grandes chairas, as grandes extensións; o ver unha grande extensión case ilimitada de terra aberta. Loxicamente a música tamén. Colombia é quizais o país máis musical de toda Hispanoamérica, que xa é dicir. Porque conflúen en Colombia desde o Caribe ata o altiplano, a chaira, o Pacífico, e iso dá unha cantidade de ritmos inmensa que inflúen case en todo o resto da música de América Latina. Países que non teñen música de seu, como Venezuela, por exemplo, onde case todos os ritmos son colombianos. Incluso o que se chama himno case nacional venezolano, que é este joropo que se canta permanentemente ou que soa permanentemente, é música colombiana.

Descrición:
Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.

  • entrevistado/a:
  • entrevistador/a:
  • Data: 00/00/1989
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 2 minutos e 00 segundos
  • Publicacións: publicado en O son da súa vida;
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Emisión:Radio Galega
Compartir: