Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 23: Entrevista na Radio Galega

.

—Non é a letra clásica do Mustafá (…) o que nós tiñamos daquela como himno alxerino e que cantaba o Reimundo Patiño cunha voz moi forte. Co Reimundo Patiño uniunos sempre unha amizade moi fonda, porque vivimos desde mozos na Coruña o enfrontamento coa realidade. Con Reimundo Patiño, con Xoán Casal, con Henrique Iglesias, con Pepe Barxa, con Eduardo Martínez. Eramos un grupo de rapaces nacionalistas enfrontados indubidablemente á situación que se vivía na Coruña naquel tempo e este himno –que viña un pouco así como filtrado– nós tiñámolo coma se fose o himno de liberación de Alxeria e entón cantabámolo moi frecuentemente naquel tempo. E cantabámolo na letra normal que tiña naquel tempo, que non é precisamente a versión deste disco. Pero eu ao escoitar esta melodía vexo sempre ao Reimundo Patiño coa súa gran gargallada e a súa forza –que era un mozo moi forte e moi noso– cantando isto e outra canción que non está gravada, que era o himno dos ultreias, que eu levara desde Noia, un himno que Álvaro das Casas impuxera desde Noia; era: “Ei Armórica, Cornubia, Cambria, Gales, Erín, Galiza e a Illa de Man”. Ese era o noso himno de batalla e entón sempre que escoito ao Mustafá acórdome desa época de Reimundo Patiño na Coruña.

Descrición:
Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.

  • entrevistado/a:
  • entrevistador/a:
  • Data: 00/00/1989
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 1 minutos e 50 segundos
  • Publicacións: publicado en O son da súa vida;
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Emisión:Radio Galega
Compartir: