Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 19: Entrevista na Radio Galega

.

—O certo é que Mozart tamén me leva a outro momento moi especial, que é o primeiro concerto de Luís Izquierdo na Coruña. Luís Izquierdo era un músico do noso tempo, que agora está de director da Orquestra de Cámara de Sevilla, co que participabamos en todos os ensaios e en todos os concertos que el quería facer como director de orquestra. E entón o seu primeiro concerto na Coruña foi precisamente coa Pequena serenata nocturna de Mozart, e sempre que a escoito sempre me leva a ese momento, que foi emocionante, realmente, ao ver como un compañeiro e un amigo triunfaba na Coruña naquel tempo.

Descrición:
Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.

  • entrevistado/a:
  • entrevistador/a:
  • Data: 00/00/1989
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 41 segundos
  • Publicacións: publicado en O son da súa vida;
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Emisión:Radio Galega
Compartir: