Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 17: Entrevista na Radio Galega

.

—Pois imos con ese tango de Gardel e despois seguiremos falando de Urbano Lugrís e da Coruña. Estabamos na Coruña e estabamos lembrando a Urbano Lugrís, un pintor e moitas máis cousas, porque ata tiña esa habilidade que nos acaba de comentar o señor Avilés de Taramancos.
—Si, pero había moito máis ca Urbano Lugrís, aínda que eu sempre vou a Urbano pola grande amizade que tiñamos e porque viviamos moitísimas cousas xuntos. Había realmente un mundo rico na Coruña, sobre todo no mundo da pintura. Do mundo da literatura chegaban loxicamente todos os escritores daquel tempo, andaba o Novoneyra na Coruña, estaba Manuel María, chegaba Cunqueiro, chegaba o Celso Emilio, estaba Garcés alí, estaba o Manolo Álvarez Torneiro; había unha serie de escritores e xente que chegaba permanentemente, pero había un ambiente artístico na Coruña, sobre todo no mundo da pintura, no que eu participaba moito. Con Xosé Luís, que tiña o seu estudio na Rúa Real, con Alfonso Abelenda, con Alexandre González Pascual, que é un dos grandes pintores de Galicia e, como é un home moi modesto e está sempre retirado, case ninguén o nomea. No estudio de Alexandre González Pascual foi onde me comezou a min o gusto pola música clásica. Sempre había un fondo de música de Paganini, que agora podiamos escoitar un momentiño.

Descrición:
Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.

  • entrevistado/a:
  • entrevistador/a:
  • Data: 00/00/1989
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 1 minutos e 14 segundos
  • Publicacións: publicado en O son da súa vida;
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Emisión:Radio Galega
Compartir: