Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 13: Entrevista na Radio Galega

.

—Pois precisamente era de aí de onde queriamos partir, da infancia, para ir percorrendo a súa vida gracias á música. ¿Que máis cousas recorda da infancia ademais dos veleiros? E, ademais, eu quería preguntarlle, aínda que esta foi unha decisión que tomou cando xa era grande, ¿por que lle rende esa homenaxe constante a Taramancos, a aldea onde naceu, porque Taramancos non é en realidade o seu segundo apelido? ¿Por que lle quixo render esa homenaxe?
—Ese é un proceso un pouco literario. O meu segundo apelido é Vinagre, que é un apelido de Noal, do Porto do Son, onde está asentada a familia Vinagre desde hai moito séculos quizais. Pero Taramancos era así un pouco un nome moi soante, e algunha vez con Uxío Novoneyra e con Manuel María, que eran tan amigos de estar recitando sempre aos trobadores, decidiron que eu debía poñer o nome de Taramancos, porque soaba así moi trobadoresco. Así xurdiu o Avilés de Taramancos e entón o nome literario, realmente, foi Avilés de Taramancos, Antón Avilés de Taramancos. Despois xa quedou como costume e agora, xa, ao longo da vida, dicir Taramancos é coma un apelido, realmente.

Descrición:
Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.

  • entrevistado/a:
  • entrevistador/a:
  • Data: 00/00/1989
  • Tipo de material: Audio. Voz. Entrevista
  • Medidas: Duración de 50 segundos
  • Publicacións: publicado en O son da súa vida;
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
    Emisión:Radio Galega
Compartir: