Materiais

Homenaxe a Avilés de Taramancos 03: «Hei de cantar en silencio»

.

5

Hei de cantar en silencio
o tempo non se escoita.
E deixa sempre a seña:
unha luz que se paga
e outra que se prende
na única lumieira.

Tan só despois da morte
esa luz vai prendida
por toda a eternidade.

Hei de cantar en silencio
ó pé de cada arado
Namentres ti semeas
eu planterei papoulas:

Sempre fai falla amigo
un corazón pequeno
que lle dea vida ó trigo.

Que se unha flor se apaga
outra quede prendida.
Que siga a eternidade
o seu curso perfecto.

Hei de cantar en silencio.
A miña voz é de terra.
Cada boi que se axuga
cada home que labra
cada tractor que fende
as entrañas do sulco
irá decindo o meu cantar.

E se o cantar se apaga
outro labio mais fresco
beberá eternidade.

  • recitador/a:
  • Data: 00/00/1974
  • Tipo de material: Audio. Voz. Recitado
  • Etiquetas:
  • Ficha descriptiva:
    Gravación de audio de persoa(s) recitando
  • Localización física:
    Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
  • Notas:
    Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
    O CCG agradece á familia Avilés as facilidades outorgadas para a recuperación e a edición deste documento sonoro.
  • Notas legais:
    Copyright da edición, Consello da Cultura Galega
  • Entidades:
    Arquivo depositario:Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
  • Localizacións:
    gravación: Cali;
Compartir: