OFERTA DE EMPREGO PúBLICO DE ESTABILIZACIóN DE EMPREGO TEMPORAL

----

EXTRACTO da Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases xerais e específicas que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, que se convocan polo sistema de concurso.

Oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

As bases xerais e específicas completas que regulan as convocatorias poden consultarse na páxina web do Consello da Cultura Galega https://consellodacultura.gal/convocatorias.php

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Consello da Cultura Galega https://consellodacultura.gal/convocatorias.php

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

------------------

-DOGA