CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIóN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIóN. 2011

----

Relación de admitidos e excluídos nas bolsas de colaboración 2011

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2011
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

NOTA INFORMATIVA DO 20 DE XUÑO DE 2011 DA XERENCIA DO CONSELLO A CULTURA GALEGA CON RELACIÓN Á CONVOCATORIA DE SEIS BOLSAS DE COLABORACIÓN (DOG, nº 89, do 9 de maio).

Resolución do 27 de marzo de 2011 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de seis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria (DOG, nº 89, do 9 de maio de 2011)

Con data de 9 de maio de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG, nº 89, do 9 de maio de 2011), a Resolución do 27 de marzo de 2011 pola que se aproban as bases que rexeran a convocatoria pública de seis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas á devandita convocatoria faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación (en pdf).

ANEXO I. ÁREA DE PUBLICACIÓNS

ANEXO II. ÁREA DE DOCUMENTACIÓN

ANEXO III. ÁREA TÉCNICA


De acordo ao previsto na base 7 da Resolución outorgase un prazo de 10 días hábiles para emendar os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, así como para efectuar reclamacións ou renuncias, segundo o previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Poderase presentar a documentación por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas.

En caso de non contestar ao presente requirimento enténdese que o/a interesado/a renuncia á súa solicitude.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2011

O xerente

Marcelino Fernández Santiago