CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIóN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIóN. 2018

----

Resolución provisional para a adxudicación das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega. (DOG nº 84, do 2 de maio de 2018)

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

De acordo co previsto na base décima da Resolución do 19 de abril de 2018, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG Nº 84, do 2 de maio de 2018), e unha vez realizada a avaliación dos méritos pola comisión de valoración conforme o baremo indicado na base 9 da convocatoria, a xerencia do Consello da Cultura Galega fai pública a resolución provisional, coas puntuacións obtidas polas persoas solicitantes no proceso de avaliación das solicitudes.
Ábrese o prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación da resolución provisional, co fin de que as persoas interesadas poidan realizar as alegacións sobre esta.

Santiago de Compostela 27 de xuño de 2018

Consulta aquí a resolución provisional