CONVOCATORIA DE BOLSAS NA CASA VELáZQUEZ. 2016

----

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2016
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2016 figura a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid para contribuír, deste xeito, a acrecentar o estudo e a investigación da proxección da cultura galega, especialmente no mundo francófono.

Descarga as bases da convocatoria nesta ligazón