CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIóN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIóN. 2012

----

Publicación das listaxes de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria pública de cinco bolsas DOG núm. 75, do 21 de abril de 2012

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2012
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

De acordo co previsto na base sexta da Resolución do 12 de abril de 2012, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 75, do 21 de abril de 2012), rematado o prazo de presentación de solicitudes e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección.
As persoas solicitantes dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir da data de publicación, para emendar as razóns da exclusión ou presentar a documentación requirida. Non caso de que así non o fixeren, considerarase que desisten da súa petición de bolsa e arquivarase o seu expediente na forma e termos indicados no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2012
O xerente
Marcelino Fernández Santiago

Pode descargar aquí listaxe de solicitudes admitidas e excluidas