Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142

Últimas NOTICIAS
01/12/2021
Sabela Labraña, nova entrada no Álbum de Galicia
Cando están a piques de cumprirse os seis anos do seu pasamento, o Álbum de Galicia incorpora a entrada de Sabela Labraña Barrero, co ánimo de homenaxear a figura da mestra, da filóloga e, sobre todo, da embaixadora de Galicia en Cataluña. Nada en Cedeira en 1952, en 1980 trasládase a Cataluña, onde exerce como docente en diferentes niveis educativos (infantil, universitario, educación adultos) e se implica activamente nos movementos de renovación pedagóxica que buscaban a integración do alumnado inmigrante a través da inmersión lingüística. Na Universidade de Barcelona impartiu materias de lingua, fonética e sociolingüística do galego (áreas nas que tamén centrou o seu traballo investigador). No eido sociolingüístico destacou especialmente polo seu papel de impulsora e directora do Proxecto Galauda, a través do cal se converteu nunha verdadeira embaixadora da lingua e cultura galegas en Cataluña. O texto biográfico está asinado por Eduard Velasco e presentámolo acompañado por outros recursos documentais (bibliografía, galería fotográfica, recursos en liña...), que permiten achegarse desde diferentes ópticas á vida e obra de Sabela.
29/11/2021
Os V Premios Youtubeiras xa teñen gañadores/as
O xurado da quinta edición dos Premios Youtubeiras, certame deseñado para fomentar a creación de contidos en galego en Youtube, entregou os galardóns nas diferentes categorías. Os traballos e canles premiadas foron: O Son das Ideas (mellor canle), Olaxonmario (mellor youtubeiro/a), "Por que é que non entendo o portugués? Co @Portuguese With Leo" (mellor vídeo), Neeumatiko (premio á calidade lingüística), Toxío (premio á calidade técnica), Pablo Rodríguez Vila (premio ao impacto), AstroXabi (premio á comunicación), CousasRarismASMR (premio á creatividade), Cousxs (mellor canle musical), Xacobo de Toro (premio didáctico), Recuncho Gamer (premio pioneiro) e "Conversas con Anselmo López Carreira: O Reino Medieval de Galicia", de Orgullo Galego (premio do público).
29/11/2021
Participa na elección da Palabra do ano 2021
O Portal das Palabras convídate a elixir un ano máis a Palabra do ano, co obxectivo de que a sociedade tome conciencia de que o idioma nos representa como pobo e a través das súas palabras podemos definir colectiva e simbolicamente as nosas experiencias vitais. Todas as persoas interesadas poden enviar as súas propostas ata o vindeiro 12 de decembro. Tras seleccionar os termos máis populares e de maior carga semántica, abrirase un novo período de votación entre o 14 e o 25 de decembro para elixir definitivamente a palabra que mellor describe este ano que está a piques de rematar. Podes ampliar información sobre esta inciativa premendo aquí.
26/11/2021
A CRTVG convida aos centros de ensino a participar no #DígochoEu
A Compañía de Radio Televisión de Galicia presenta o Concurso #DígochoEu, dirixido a centros escolares de Galicia (educación primaria e secundaria), ou de fóra de Galicia que impartan a materia de lingua galega. O profesorado interesado en participar debe enviar un bosquexo de guión para un capítulo do #DígochoEu dunha duración aproximada de 1 minuto, usando a lingua galega e contando coa participación activa do alumnado. Tras seleccionar as 10 propostas máis orixinais e creativas, o equipo do #DígochoEu elaborará o guión definitivo e acudirá ao centro para gravar o programa. Unha vez emitidos todos os episodios (previsiblemente en maio de 2022), un xurado independente outorgará tres premios: un primeiro de 2. 000 euros, un segundo de 1.000 euros e un terceiro, de 500. O prazo de presentación de propostas remata o 12 de decembro de 2021. Podes consultar as bases completas e obter máis información sobre os trámites de inscrición, premendo aquí.
24/11/2021
As matemáticas en galego, habelas, hainas
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas e o Seminario de Iniciación á Investigación (SII) da Universidade de Santiago de Compostela organizan unha nova edición das xornadas de divulgación “Habelas, hainas”, que se desenvolverán hoxe, 24 de novembro de 2021, a partir das 16:00 h. A iniciativa está dirixida fundamentalmente a estudantes de grao/máster, que terán a oportunidade de escoitar a investigadores/as da facultade explicar, de xeito desenfadado, diferentes conceptos do ámbito matemático. As sesións poden seguirse libremente a través de Teams. Para ampliar información, preme aquí.
Galego 2.0
Selección de recursos en liña para promover o uso do galego entre a infancia e a mocidade.
Proxector
Espazo colaborativo, xestionado conxuntamente co SNL da USC, dedicado a clasificar e difundir recursos audiovisuais en galego que sirvan de apoio á docencia.
De ducia en ducia pola lingua
Unha ducia de taboleiros temáticos ilustran o patrimonio documental galego xerado no proceso de normalización da nosa lingua. Trátase dunha selección de imaxes que amosan a singularidade, a riqueza e a importancia do patrimonio documental que custodia o CDSG.
Kit para a normalización en rede
O Kit con novos contidos para a planificación lingüística do galego
Recursos e iniciativas para a normalización lingüística
Artesa é unha exposición virtual de materiais pensados para a promoción do uso do galego. Visita a cuarta edición, vinculada aos XXI Encontros para a Normalización Lingüística
A Nosa Fala
Bloques e áreas lingüísticas do galego. Trátase dun audiolibro con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século.
Eventos
XXIII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
25 e 26 de outubro de 2021: difusión dos contidos gravados - 4 de novembro de 2021: sesións presenciais
XXII Encontros para a normalización lingüística
13-19 de novembro de 2020

buscador
de bolina
Arquivo web: Coordinadora Galega de Normalización e Dinamización Lingüística (2009-2016)
Iniciativa do CCG que ofrece unha colección de sitios web para preservar e garantir o acceso ao patrimonio documental galego en liña.
Loia: Guía aberta á lingua galega
Os elementos fundamentais para iniciarse no coñecemento do idioma galego
Libro de marcadores sociais do CDSG
Libro completo de marcadores, dispoñible para compartir en rede, do que se extrae a selección de referencia que podes consultar en De Bolina
publicacions


Portada de  Informe sobre os arquivos públicos en Galicia. Informe sobre os arquivos públicos en Galicia. (2019)
Dolores Pereira Oliveira. Autoría / Olimpia López Rodríguez. Autoría / Mariám Mariño Costales. Autoría /


Portada de  Mosteiro de Montederramo Mosteiro de Montederramo (2019)
Ramón Lorenzo Vázquez. Autoría / Maka Pérez. Autoría /


Portada de  Repensar Iberia Repensar Iberia (2019)
Teresa Albuquerque. Coordinación / José Luís Ferreira. Coordinación /


Portada de  Antroponimia e lexicografía Antroponimia e lexicografía (2018)
Ana Isabel Boullón. Edición /






Ver todas
REDES SOCIAIS
Fluxos
Suspensión provisional

Informamos que o servizo "Lingua en Titulares" fica suspendido provisionalmente para estudar como lle afectan os últimos cambios establecidos na Lei de Propiedade Intelectual que se activan a partir de 2015. Desculpen as molestias.


cdsg
Asesoramos entidades lingüísticas, investigadores e profesionais da sociolingüística galega.
Difundimos os recursos xerados para a planificación do uso do galego: plans, estudos, informes, materias de campañas.
Creamos materiais e produtos documentais destinados a dar apoio ao proceso de normalización lingüística do noso idioma.
Organizamos seminarios, cursos e os Encontros para a Normalización Lingüística desde 1998.
Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205