PLENARIO

----
Electivo/a (2016 - )

Carmen García Mateo

Consello da Cultura Galega

É Enxeñeira de Telecomunicación (1987) e doutora enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid (1993). Completou a súa formación con estadías de investigación en diferentes universidades. Centrou a súa investigación como enxeñeira de Telecomunicación na tecnoloxía da fala en galego e castelán, a segmentación de audio e o recoñecemento biométrico de persoas.

É catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) da Universidade de Vigo (Uvigo) e coordina o programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións. Ten participado en proxectos como Cotovía, o primeiro conversor texto-voz bilingüe en galego e castelán, en proxectos de codificación de audio (MPEG=), en vocabularios para a transcrición de voz ou en proxectos de recoñecemento biométrico de persoas mediante procesado de voz e cara.

Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación e teses doutorais, e publicou máis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais. Colabora con diversas revistas científicas no seu eido e é socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense-SEAF.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato